Emocionante encontro en Pontevedra para o Tubasys Xiria

CISNE OMMA ARQUITECTURA 23 – 23 TUBASYS XIRIA 

Último encontro de Liga Prata contra rivais directas. Comezaban o partido en Pontevedra con moitas perdas en ataque e moitos despistes en defensa. Aínda que na primeira parte non souberon reaccionar e foron perdendo ao descanso, na segunda parte serían moito máis sorpresivas e comezarían a darlle ritmo ao partido. 

Pero tras achegarse no marcador e empatar o encontro durante a segunda metade, comezou de novo a faceta relaxada do Tubasys, polo que o Cisne volveu a impoñerse no marcador. Tocáballe ás do Tubasys volver a sacar a relucir o seu mellor xogo para achegarse no marcador e así o fixeron, con moi boas accións defensivas e contraataques moi claros conseguiron empatar o encontro nos últimos segundos. Con este empate manteñen o sexto posto na última xornada. 

Agora o Tubasys Xiria está á espera dos calendarios para a última fase da Liga Prata. 

Tubasys Xiria: Lara Pensado, Sara Trigo, Sofía España, Noa Porteiro (3), Alba Mourelle (10), Carmen Fuentes (3), Alba Lamas, Paula Andrade (3), Lara Sande (4).