Emotiva vitoria do Calvo Xiria na despedida de Juana no Vila de Noia

O encontro ante o Mostra do Encaixe Bm. Camariñas nos cuartos de final de Copa federeción-sponsor puxo o peche á tempada do Calvo Xiria na casa. Cunha plaza na Final Four en xogo, as nosas, sen xogar o seu mellor encontro, dominaron o marcador dende o comezo e confirmaron a presenza nas semifinais.

O de onte non foi un partido máis. Algunha bágoa xa antes de comezar a quecemento facía intuir a xornada tan especial que estaba a piques de comezar. Cun pavillón ateigado por todas as xogadoras da base coreando o nome de Juana na presentación iniciábase esta pequena homenaxe a unha das grandes impulsoras do balonmán feminino en Carballo. Cun encontro moi de cara para todo o equipo, Juana desfrutou do último baile rodeada de amigas.

No último minuto e con todo o pavillón aplaudindo, o Vila de Noia daba as gracias a Juana  como se merece no que sen dúbida foi o momento máis emotivo da tempada. Aproveitando a ocasión, o equipo quixo homenaxear a Gema, figura chave do deporte feminino en Carballo e fundadora do Xiria, á que se lle fixo entrega do trofeo obtido na Final Four. 

Todavía cunha fin de semana por diante, o Calvo Xiria porá o broche final á mellor tempada dende a súa creación o sábado en Culleredo para desputar a semifinal da copa ante o Asmubal Meaño. Unha vitoria o sábado selaría o pase á final do domingo en busca do primeiro título do equipo.