O Grupo Lemaco rescatou un empate ante un Bm Cañiza que dominou o electrónico durante gran parte do encontro, pero sempre nas distancias curtas.
O equipo carballés saiu con folgos, pero con moito desacerto de cara a portería, onde a gardarredes pontevedresa foi a xogadoras máis destacada do primeiro tempo. As verdes abusaban por momentos do xogo individual, sen continuidade, realizando accións máis apuradas e atopándose co muro rival baixo paos.
No segundo tempo, o xogo colectivo ordenouse de mellor maneira, aumentando tamén os lanzamentos máis claros e as porcentaxes, e na defensa aberta carballesa con altibaixos, pero que os roubos producidos traducíanse en contras rápidas que facían voltear o marcador para as do Xiria. Con quince segundos de tempo restante as de Zarra non foron quen de aproveitar o derradeiro ataque que lle podería dar a victoria final.


