Empate entre o Laber Xiria e o Luceros nun partido bronco

Luceros 26 – Laber Xiria 26 (12-11)

Como soe ser habitual os partidos entre estes dous equipos destacan pola intensidade en cada acción, terceiro contra cuarto clasificado e equipos destinados a verse as caras no Playoff de final de tempada. O que tamén soe acontecer e que cada vez que o Laber visita O Gatañal, o arbitraxe se decante excesivamente para o equipo local, desta vez castigando en exceso ao equipo que menos repartiu nun partido brouco.

Sigue a contar con varias baixas importantes nos seus compoñentes o Laber Xiria e acosouno nun encontro tan intenso e onde sufriu moitas exclusións, ata 12 por 6 do rival.

A defensas impuxéronse dende principio aos ataques, cobraba distancia no marcador o Laber aos 10 minutos, tempo que precisou o Luceros para marcar o seu primeiro gol,1 a 4. A intensidade defensiva dos carballeses foi castigada en exceso, Dani Mallo xa tiña duas exclusións no minuto 12, feito polo que xogou condicionado todo o encontro. O partido foise igualando co transcorrer dos minutos, 12-11 para os locais.

Na segunda metade o Xiria, apremou nas súas accións defensivas e marcaba con soltura no ataque, cobrando vantaxe de 3 e 4 goles e afrontando a recta do partido con garantías. Varias decisións arbitrais consecutivas que prexudicaron claramente ao Laber, volveron a meter ao Luceros no encontro, e permitiron que empatasen sobre a bocana final.

O Laber Xiria segue a situarse nesa cuarta praza na clasificación cando restan 6 xornadas para o final.

Balonmán Luceros 26 (12): Xian Fernández, Eloy González, Javier Fernández 1, Adrián Bernardez 10, Pablo Giráldez 2, Dacunha 5, Sergio Piñeiro 1, Diego Pousada, Darío Pérez 1, Iago Fonseca 5, David Pousada.

Laber Xiria 26 (11): Diego Lema, Julio Ferreiro (porteiros) Alex Gómez 10, Dani Mallo 3, Franco Rial 2, Toni Calvelo 4, Carlos Varela, Fer Mallo, Alex Puñal 2, Javi Rodríguez, Martín Fuentes 2, Pablo Esmorís 1, Mario Cancela 1 e Esteban Puñal 1.

Arbitrou: Marcos Pérez e Carlos Calvar