Empate final entre o Garaysa Xiria e o Balonmán Moaña

Partido moi igualado entre os dous equipos que rematou cun empate final, no que o Garaysa Xiria tivo a última acción do partido para conseguir a vitoria.

Garaysa Xiria 23 –  Balonmán Moaña 23

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Óscar Longueira, Dani Pan, Álvaro Cotelo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Tomás Añón, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 1ª xornada da Fase de Clasificación infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Volvían os infantiles á competición logo dunha longa pretemporada de moito traballo, e facíano no pavillón do Ceip Fogar fronte ao Balonmán Moaña.

O partido comezaba con moitos erros de lanzamento e de pase polos dous equipos. A medida que foi avanzando a primeira metade os de Carballo íbanse sentindo máis cómodos na pista e víronse minutos dun gran balonman para chegar ao descanso 1 gol arriba.

A segunda metade seguía coa mesma tónica e o Garaysa gracias a unhas moi boas defensas e ataques rápidos conseguía porse 3-4 goles arriba no marcador. Nos minutos finais, o equipo visitante apretou e conseguiu empatar o partido co que se chegaría ao final.

A próxima fin de semana o Garaysa Xiria viaxará a Vigo para enfrontarse ao Carballal na 2ª xornada da Fase de Clasificación.