Empate nun vibrante partido entre o Montaxes Carballo e o Carballal

Empate nun vibrante partido entre o Montaxes Carballo e o Carballal

O Montaxes Carballo viaxaba a Vigo para enfrontarse ao Autocaravanas Van @ Fun A.D. Carballal, un partido que xa se antoxaba igualdado e ao que o equipo carballés viaxaba mermado polas baixas. Neste contexto o traballo en equipo ía a cobrar maior importancia.

Autocaravanas Van @ Fun A.D. Carballal 31- Montaxes Carballo 31

O partido comezaba con moita igualdade e moita concentración por ambos equipos . Nos primeiros minutos do encontro os ataques conseguían impoñerse ás defensas. A igualdade foi a tónica xeral da primeira metade, con todo, grazas a unha serie de boas accións defensivas e acertos en ataque conseguían que o equipo carballés se marchase ao decanso 17-19.

Á  voltaa dos vestiarios a igualdade seguía reinando, ambos equipo estaban visiblemente cansos e as súas accións non eran tan elaboradas. O equipo local conseguía sacarlle renda ás situacións de 1vs1 de os seus rápidos primeiras liñas e con esto darlle a volta ao encontro. Nos últimos intres e nun arreón de gañas os carballeses conseguían volver a poñerse por diante a falta de 20 segundos. A última acción foi ben defendida e terminou con unha falta para o equipo local; o carballal conseguiu anotar nesta última acción e polo tanto tivemos un reparto de puntos. 

Bo partido en liñas xerais do equipo a pesar do empate, competiron moi ben sobrepoñendose ás adversidades.