Empate para o Laber Xiria a pesar das adversidades

Empate para o Laber Xiria a pesar das adversidades

Laber Xiria 28 A.D. Carballal 28 (14-11)

Visitaba o Pavillón Vila de Noia o Carballal, líder invicto da competición tras a seis primeiras xornadas, atopouse diante un Laber Xiria loitador e coñecedor do seu rival. Nun partido enorme dos xogadores carballeses, onde tiveron que loitar contra o seu rival e sobre todo contra as adversidades en forma de lesións, Mario Cancela no minuto 14 e Aaron Rodríguez dende o comezo da segunda metade, Iker xa non puido nin partir de inicio, pero o que máis tiveron que sufrir foi a arbitraxe, moi diferente cambio de criterio en ambas áreas, prexudicando en exceso aos locais, castigándoos con excesivos 7 metros, 13 en total.
Arrancou o encontro cun Laber Xiria ben plantado na defensa, o Carballlal so conseguiu marcar nos primeiros minutos de penalti, iso si, dispuxo de 7 lanzamentos nos primeiros 15 minutos. Os carballeses superaban a defensa do rival con paciencia e se precipitación, o Laber dominaba o marcador.
Na segunda metade o Carballal, apostou por unha defensa mixta sobre Alex Gómez, o que dificultaba a circulación do balón no ataque, a pesar delo, o Xiria conseguía boas posicións e sobre todo ocos para facer dano ao rival. Chegouse a falla de 12 minutos a máxima distancia, 25 a 19 para os locais, que parecía facerse cos dous puntos. Unha serie de erros en ataques precipitados e a velocidade do Carballal apremaban o resultado na recta final. Os vigueses na remontada tiveron o vento a favor en forma de criterio arbitral, deixaron de pitarse varias accións no ataque do Laber e todo o que se achegaba a área do Xiria era 7 metros e exclusión, deste xeito no derradeiro ataque vigués plasmouse a impotencia dos compoñentes do Laber con ese derradeiro 7 metros sinalado coa conclusión do encontro que dou o empate final.

Laber Xiria 28 (14): Diego Lema, Julio Ferreiro (porteiros), Alex Gómez 9, Dani Mallo 7, Franco Rial 2, Aaron Rodríguez 4, Diego Antelo 5, Mario Cancela 1, Toni Calvelo, Carlos Varela, Pablo Esmorís, Javi Rodríguez, Fer Mallo 1, Alex Puñal e Adrián Mesejo.

A.D. Carballal 28 (11): Pablo González e Iago Suárez (porteiros), Chao 4, Ivan Fernández 3, Alex López 8, Ignacio Costas 5, Mario González 3, Alberto Romero 2, David Alvarez 1, Anxo Fontán 1, Pedro Fernández

Arbitraron: Angel Mateos e Rubén Iglesias, diferente criterio en ambas áreas.