Cun inicio de partido dubitativo por parte local; que lle custou coller o seu propio ritmo de xogo, pero que era capaz de manter a tónica de igualdade no marcador, grazas á calidade individual dos xogadores.
Lalín xogaba comodo, impoñendo un ritmo pausado nos seus ataques. Un primeira parte trabada que se chegaba con empate a 15, e que prevía unha segunda metade emocionante.
Tras o paso por vestiarios, a igualdade seguía predominando, as defensas estaban máis axustadas, o que non permitía a ningún equipo marcar goles con facilidade. A falta de 10 minutos; os visitantes poñíanse 3 goles por encima, pero o Montaxes Carballo Xiria presionaba ata poñer de novo as táboas.
5 minutos para o final, cada equipo xogou as súas bazas; pero os erros de lanzamento desde 6 metros; levaron o marcador ao empate a 27 final, que tras o visto no encontro parecía o máis xusto para ambos.
A seguinte semana o Montaxes Carballo Xiria, recibe ao líder da categoría e ata o momento invicto, Bm Culleredo. Un encontro difícil pero á vez ilusionante a falta de 2 xornadas para que finalice a liga Ouro.
Montaxes Carballo Xiria 27 – Embutidos Lalinense 27
Montaxes Carballo Xiria (15+12): Antón Pardiñas (p), Samuel Soneira (p), Diego Mourelle (5), Simón Viña, Andrés Pombo (1), Nicolás Cancela (3), Daniel Persical (4), Brais Suárez (2), Marcos Suárez (5), Aday Gómez, Marcos Varela (5), Maxi Díaz, Jorge Rodríguez (2).
Embutidos Lalinense (15+12): Borja García (2), Luis Rozas (10), Carmelo Couso (8), Xoel Rodríguez, Diego Vázquez (2), Adrián Hermida, Enzo Novoa (2), Gabriel Pérez, Adrián Nogueira (3), Miguel Ramos.
Árbitros: Renzo Díaz e Jorge Sánchez
Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).