El Calvo Xiria xa pensa na segunda parte da tempada despois de gañar á SAR

Bo partido do Calvo Xiria que se impoñía á Sar de Redondela, nun Vila de Noia baleiro; debido ao Covid. A defensa do Xiria, relou a gran altura durante os 60 minutos, ante un conxunto visitante, que xogou con desenvoltura e demostrou porque está a realizar unha boa tempada. Un encontro intenso e vistoso; onde o Xiria impuxo o ritmo, e alcanzou grandes diferencias abrigo na segunda parte.

O comezo do partido foi a posta en escena dun Calvo Xiria que con 4 a 1 de parcial, non quería sorpresas. Todos destacaban na defensa 5:1, un bloque sólido que obrigou aos visitantes a solicitar un tempo morto no minuto 16; pero os locais a través das rotacións mantiveron o nivel e a diferenza ao descanso foise a 18 a 12.

Na continuación, máxima concentración para volver aumentar as diferenzas, que chegarían ata os 11 goles; a pesar de non estar do todo acertados na selección de lanzamentos. Aínda que, é certo que todos os xogadores achegaron na faceta goleadora; factor moi importante. Co partido sentenciado a falta de 10 minutos, baixouse o ritmo de xogo; quizais en demasía.

O marcador final reflectía o 30 a 24. Dous puntos que lle levan a finalizar a primeira volta como líder do grupo; dando o primeiro paso cara o obxectivo final; pero a igualdade que se está vendo nos partidos esta tempada na categoría; fai ao equipo traballar intensamente cada semana, sen confianzas; pensando unicamente no seguinte rival. Forbe Reconquista de Vigo, visita o sábado ás 19:00, o Vila de Noia.

Calvo Xiria 30 – Sar Plastic Omnium 24

Calvo Xiria (18+12): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (1), Gabriel Castiñeiras (3), Fran Rey, Dani Mallo (2), Chimpo Rodríguez (2), Diego Vega (1), Juanka Rodríguez (2), Diego Antelo, Manu Méndez (4), Alejandro Gómez (2), Jorge Bouzas (4), Aaron Rodríguez (1), David García (4), Edu Cousillas (4).

Sar Plastic Omnium (12+12): Pablo González (p), Daniel Pereira (p), Mateo Arias (12), Alexandre Cernadas, Javier Rivas, Francisco Javier Vidal (3), Ricardo Domínguez (1), Ángel Pérez (1), Bruno Vázquez (2), Iván Vázquez (2), Iago Vidal (3), Hugo López.

Marcador cada 5 minutos: 4-2, 7-4, 10-7, 13-9, 15-10, 18-12, (descanso); 20-12, 21-13, 25-15, 27-17, 28-21, 30-24.

Árbitros: Abel Juncal e Ángel Mateos, do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.