ENCONTRO CON ALTOS E BAIXOS PARA AS NENAS DO GESTAGUA XIRIA

ENCONTRO CON ALTOS E BAIXOS PARA AS NENAS DO GESTAGUA XIRIA

O equipo do Gestaugua Xiria enfrontábanse o Bm Culleredo Enerxiasolar.com, equipo que vai cuarto na tabla clasificatoria e que demostrou un mellor xogo cas carballesas.

No primeir cuarto non saiu ben o equipo local, de novo, volveron a caer na mala utilización do bote, o que permitía que os nenos do Culleredo lle roubasen o balón tan pronto botaban e meter gol sin que as nosas porteiras poidesen facer nada ante lanzamentos que non mostraban oposición defensiva. Non había tampouco a intensidade amosada en econtros anteriores.

Co paso dos minutos no segundo cuarto as nenas comezaron a moverse máis, sin abusar do bote e lanzando en numerosas ocasións solas ante os porteiros visitantes que estuveron máis acertados nas súas paradas que as carballesas nos lanzamentos.

O terceir cuarto volviu a ser unha copia do primiero, unha Nerea acertada na portería impediu que o resultado neste cuarto fose máis abultado.

Sin embargo no último cuarto as carballesas lograron empatar, nada que ver co amosado o longo de todo o encontro, donde a intesidade defensiva subiu, o avance cara a portería foi con movementos continuos de todas as xogadoras e duplicaronse os roubos de balón en defensa. Un penalti parado de Clara co tempo xa rematado impediu que o nenos do Culleredo ganasen este cuarto.

Non foi un bó partido das locais, que se houberan amosado o xogo do último cuarto o resultado do encontro pudo ser ben diferente.

Han de intentar as nenas do Gestagua ser máis constantes e non ter esos baixóns no xogo si queren contar os seus partidos con victorias, xa que as capacidades das nenas están a medrar pero teñen que demostrarse de principio a fin en cada partido.

Gestagua Xiria 5-Bm Culleredo Enerxiasolar.com 11

Julia, Sofía (2), Nerea, Noa Quintela, Noa Millán (1), Carla, Andrea, Clara, Sara (5), Elena Rodriguez, Elena González (3), Irene, Xulia, Mencía(1).