Encontro vibrante entre LK Xiria e Telepizza Carballo Xiria

Bo partido o que disputaron de poder a poder o LK Xiria e o Telepizza Carballo Xiria este pasado Sábado no CEIP Fogar.

Nun comenzo espectacular, o LK non daba opción aos seus compañeiros do Telepizza e sumaba os primeiros dous puntos nun cuarto que dominaría por 12-4. Foi no segundo cuarto cando o Telepizza Carballo Xiría reaccionaba e igualaba a contenda nun tempo onde sempre foi por diante, sumando os dous puntos con un parcial de 3-7. O terceiro tempo foi o máis igualado, con ventaxas mínimas e alternancias no marcador e que remataría con empate a nove goles. No derradeiro cuarto, Telepizza impuxose de xeito moi convincente cunha gran defensa que maniataba os ataques do LK.

Gran partido dos dous equipos que seguen dominando a competición deste grupo de BM5.

Pola súa parte, Grupo Lemaco feminino e Laber Xiria, viaxaban a Arteixo para enfrentarse a Camariñas “A” e Ribadosar.es respectivamente e os dous conxuntos conseguían un 8-0 incontestable para seguir na parte alta da táboa cos seus compañeiros de Telepizza e LK.

LK Xiria vs Telepizza Carballo Xiria: 3-5 (Alevín)

1º cuarto: 12-4   2º cuarto: 3-7   3º cuarto: 9-9   4º cuarto: 1-7

LK Xiria: Miguel Cambón (4), Lucas Amado, Manu Muñoz (2),Diego Barbeira (1), Henrique Traba (4), Aday, Antón (1), Pablo (13).

Telepizza Carballo Xiria: Alex Tato, Angel Villar (6), Dani Bello (3), Manu Rey (5), Manu Pérez (6), Xurxo Fraga (8), Martín (1).