Encontros ante aspirantes para o Calvo e o Goldie Xiria

Esta fin de semana, o Vila De Noia acolle un duelo no cume entre o Calvo Xiria e o Rodosa Chapela. Os carballeses, tentarán seguir invictos na súa particular pelexa co Construcciones Castro Lavadores polo primeiro posto, pero o Chapela, que chega coa moral polas nubes despois de derrotar ao Lalinense a semana pasada, non llo poñerá nada fácil, xa que unha vitoria a domicilio meteríaos de cheo na pelexa polas prazas máis quentes. O encontro dará comezo ás 18:00 h do próximo Sábado. [Streaming ?]

Pola súa banda e xa en categoría senior feminino, o Goldie Xiria enfretarase ao Bm Moaña a domicilio, segundo clasificado. Unicamente sepáralles un punto e polo tanto é unha boa oportunidade para seguir crecendo e progresando. O partido espérase igualado, e serán os pequenos detalles os que decidan o resultado final. O preparador carballés, Adrián Dubra, espera recuperar a todos os seus efectivos ao longo da semana. O encontró disputaráse no pavillón O Rosal este Sábado as 20:30h.

Na División De Honra e xa en categorías base, o pavillón Vila de Noia acollerá, tamén o Sábado pero pola mañá, o derbi das tres categorías (Infantil, Cadete e Xuvenil) que lles enfrontará ao OAR. Son tres partidos coas connotacións especiais de rivalidade provincial e onde os obxectivos de cada conxunto varían:

Os xuvenís do Laber tentarán sumar a súa terceira vitoria consecutiva e reafirmar a súa boa liña para poder mirar cara a cotas maiores. Os cadetes do Grupo Lemaco, xa puxeron a velocidade de cruceiro e desexan sumar dous novos puntos para seguir aspirando aos maiores obxectivos e pola súa banda, os infantís do Garaysa Xiria farán todo o posible para conseguir unha vitoria que se lles resiste nas últimas semanas. Os encontros disputaranse ás 12:45 h, 10:00 h e 11.30 respectivamente. En infantil feminino, o Punta Del Este Xiria xogará de novo a domicilio, desta volta no Grove e co Rasoeiro. Será o Sábado as 10:30 no pavillón Monte Da Vila. O encontró, que en primeira estancia vese con incerteza, debe de servir para que as carballesas tenten seguir na súa liña dos últimos partidos, unha defensa forte e con contacto e un ataque con bastante movemento de balón. Loitarán o partido ata o final tentando traerse a vitoria a casa.

Xa na segunda División pero en categoría cadete, o Hierros Varela Urbieta desexa deixar atrás as dúbidas de xogo da semana pasada e ademáis de conseguir una vitoria que lles permita seguir no alto da táboa, acadar mellores sensacións na mellora do xogo. O rival será o BM. Moaña e o partido dará comenzó o Sábado as 12.00 no pavillón do CEIP Fogar.

Na segunda infantil masculina, o Marmolería José Rey Xiria viaxa a Santiago este Sábado para enfrentarse no pavillón Quiroga Palacios ao conxunto do Ribadosar. O partido dará comenzó as 10:30h.

En alevín masculino, o Metalúrgica BB Xiria, disputa o seu primeiro partido na casa e espera facer un bo papel e conseguir os dous puntos en xogo ante os herculinos do BM. Línea 21. O partido será no CEIP Fogar as 10:00h deste Sábado.