Enfrontamento entre os dous equipos do Grupo Lemaco Cadete

2ª Xornada da Liga Copa Sponsor

Grupo Lemaco Xiria B 32 – Grupo Lemaco Xiria A 42 (16-23)

O formato da Copa Sponsor que se ven a disputar na categoría durante o mes de Maio, enfrontou aos dous equipo cadetes do Xiria este sábado na segunda xornada.
Disputouse un partido competitivo e con moito morbo ao ser xogadores que adestran moitas semanas do ano xuntos, o resultado que era o de menos favoreceu aos maiores que están a cumprir as súas derradeiras semanas de cadete para dar o salto a categoría xuvenil do Clube.
A intensidade amosada dende o inicio do encontro amosaba as gañas de competir de ambos equipos, tras uns primeiros minutos igualados onde se impoñía no marcador o Grupo Lemaco B, o equipo A apremou en defensa e sobre todo con saídas rápidas incrementou o marcador e a diferenza ao descanso.
Tras a volta a pista, e a pesar do marcador o partido volveuse a igualar en canto a intensidade e bo facer no ataque dos xogadores de ambos equipos, que disputaron e desfrutaron o partido ata o pitado final

Grupo Lemaco Xiria B 32 (16) : Iago Sande (porteiro) Daniel Periscal 11, Jorge Rodríguez 3, Marcos Suárez 7, Nico Cancela 3, Marcos Varela, Brais Suárez 5, Diego Barbeira 1, Simón Viña 1, Maxi Díaz 1, e Aday Gómez.

Grupo Lemaco Xiria A 42 (23): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 3, Manuel Rey 3, Henrique Traba 14, Angel Villar 1, Miguel Cambón 4, Pablo Suárez 7, Dani Bello 2, Chema Negreira 6 e Marcos Amarelle 2

Arbitrou: Ivan Hernández