ESC. MPAL. CAMARIÑAS 23 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 30

06/03/2005 18ª XORNADA

ESC. MPAL CAMARIÑAS: Alejandro, Xabier (1), Diego (1), Cristian, Diango (2), Héctor, Ernesto, Carracedo (4), Sebas (6), Adrián, Jesús, Juan (5), Campaña (4), Alberto.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Guillín, Miguel, Iago, Ramón (3), Puente, Joaquín (5), Manuel (4), Jesús (9), Norberto (5), Óscar (3), Eloy.

Despois da contundente victoria dos de Carballo no encontro da primeira volta agardábase un encontro mais doado para os rapaces de Fernando Vázquez, pero desta volta a cousa foi ben distinta, moito mais igualado, con rendas moi curtas a prol do cadro carballés e iso que nos palilleiros faltaba o seu mellor xogador.

A defensa do Ifecgas non era quen de parar os ataques do equipo local e ademais os gardametas do Xiria non estaban a ter un bo día. Esto fixo que a tónica durante os primeiros minutos fose unha continua alternancia de goles. A primeira metade remataba con 4 goles de diferencia para os carballeses 11-15.

Unha leve melloría defensiva nos primeiros compases da segunda metade, unido á maior calidade dos xogadores de Carballo facían que o Xiria conseguise unha cómoda vantaxe que soubo administrar ata o final do encontro.

O colexiado David Rodríguez non tivo unha boa actuación.