05/02/2005 6ª XORNADA
ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Iria, Andrea, Antía, Laura ( 5 ), María ( 2 ), Inés, Karina – equipo inicial – Tamara, Katrina, Carmen, Tania, Adriana, Sheila, Diana.
PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Juana ( 8 ), Iria ( 1 ), Cristina ( 2 ), Jennifer ( 2 ), Patricia ( 2 ), Jessica ( 2 )- equipo inicial- Marta ( 1 ), Berta, Sheila, Mariana ( 1 ).
O equipo cadete feminino do Punta del Este Xiria venceu a E. M. Camariñas por 19 a 7 ( 9 – 5 no descanso ) no partido correspondente á primeira xornada da segunda volta da liga provincial cadete disputado no Pavillón Municipal de Camariñas.
Sen despregar un bo xogo as carballesas mandaron sempre con comodidade no marcador, impoñendo o seu mellor balonmán dende o inicio e so as malas finalizacións impediron que o marcador fose mais amplo.
A vindeira xornada o Xiria recibe a visita do Balonmán Oleiros, ó que derrotou na primeria volta con moita facilidade.
Os colexiados Srs. Díaz e Rodríguez non tiveron relevancia no marcador final, mais non fixeron un bo papel