Escolas Balonmán Xiria 33 – OAR Coruña 23 (Xuvenil)

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA (Copa Federación)

E.BM.XIRIA 33 – OAR CORUÑA: 23

E.BM.Xiria 33 (16+17): Buño, Alberto (3), Lolo (6), Enrique (3), Dani (5), Diego (2), Julián (7) – Equipo inicial – Antonio, Calvo (3), Gabriel, Pereira (4), Borja, Jorge, Oscar.

OAR: 23 (8+15): Iago, Rosende, Ignacio (2), Raul, Diego (5), Puga (6), Casal (7) – Equipo inicial – Jairo, Manuel (3), Carlos, Sergio, David, Marco, Javi.

O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, afrontaba ó derbi contra ó OAR co obxetivo de conseguir os dous puntos en xogo e deste xeito, lograr batir po primeira vez na tempada ó seu rival coruñes e afianzar a segunda praza do grupo.

O encontro comenzaba cun ritmo moi baixo por parte dos dous conxuntos e o partido convertíase nun toma e daca pouco vistoso para os siareiros que se deran cita nas bancadas do Vila de Noia. Non foi, ata mediada a primeira parte, cando os de Carballo conseguían catro defensas consecutivas que se ían a materializar noutros tantos contragolpes. Ese parcial de 4-0 para os bergantiñáns, ía ser trancedental e definitivo cara o desenlace final. Dende ese momento, o conxunto de Xiria, mostrou outra animosidade e con novos folgos, aumentaría a súa intensidade e eficacia defensiva para deixar a os da Coruña en tan só oito goles no tempo de descanso (16-8).

Na reanudación, o Xiria melloraría as súas prestacións e polo contrario, o seu rival, iríase diluindo e apagandose de xeito progresivo. Os xogadores bergantiñáns, impoñeríanse con autoridade as situacións de 1×1 dos coruñeses e non lles permitirían contactar no xogo co pivote. No ataque posicional, os laterais verdibrancos superaban a retagarda visitante e facían o mesmo no contraataque, onde os de Xiria, amosábanse moi superiores. O marcador final (33- 23), contundente no día de hoxe para os intereses dos carballeses, fai posible que o conxunto de Xiria sume a súa segunda victoria dentro do seu grupo antes de viaxar a sempre complicada pista de Cangas.

A semana que ven, os carballeses xogaran na pista ao BM. Luceros no que, a bo seguro será un partido moi complicado para os dous conxuntos.

xuv