Estreno do Grupo Lemaco con victoria nesta segunda fase(30-33)

Estreno do Grupo Lemaco con victoria nesta segunda fase(30-33)

O Grupo Lemaco cadete do Xiria visitou Culleredo para enfrontarse co equipo local coruñés, esta vez no grupo polo título, e non o tivo nada fácil. 

As de Zarra mostráronse algo erráticas e precipitadas nos lanzamentos, o que facía que os primeiros compases foran igualados no electrónico. A defensa carballesa foise facendo máis férrea conseguindo provocar erros no ataque local, e podendo así correr e conseguir goles fáciles.

No segundo tempo, as vermellonas foron mellores, recurtando a distancia, e facendo moito dano nos desdoblamentos na liña de seis metros, onde as verdes se mostraban moi despistadas nas marcas. Periodo de encontro onde a precipitación en ataque voltou a dificultar as cousas, e onde as cullerdenses conseguiron acercarse ata os tres goles de diferencia coas que o Grupo Lemaco conseguiu sumar os primeiros puntos nesta fase polo título

A vindeira semana xogan na casa ante un dos rivais a batir nesta fase, o Seis do Nadal de Coia.