O Calvo Xiria mostrou a súa faceta máis goleadora nunha tarde na que o pavillón Vila de Noia mantívose a porta pechada debido á campaña de sensibilización “Así non”.
Era un partido difícil de afrontar para os dous equipos xa que o feito de non contar con público facía o ambiente un tanto frío.
Un banco animado e un equipo enchufado durante toda a tarde, fixeron que a balanza caese ao lado local e os dous puntos quedaran en Carballo.
O Calvo Xiria que realizou un partido completo en todas as facetas do xogo; nun partido que se mantivo igualado ata os últimos 10 minutos de primeira parte, onde o Calvo Xiria lograba unha vantaxe de 5 goles antes do descanso.
Na continuación, o Calvo Xiria máis goleador aproveitaba cada mínima vantaxe para meter gol, abrigo nas transicións, facendo imposible a remontada visitante. Un Carballal que vía que co paso do tempo a diferenza ía a máis, tentábao cun cambio de sistema defensivo, e xogando en ataque posicional en superioridade numérica, grazas arriscar no xogo sen porteiro. A falta de 10 minutos e con 9 goles de vantaxe o Calvo Xiria, controlaba os tempos do partido e ante a defensa aberta que propuxo o Carballal atopaba espazos para seguir facendo goles. O resultado final foi de 39 a 32.
A semana que vén empeza a segunda volta para o Calvo Xiria, que recibe no Vila de Noia ás 17:30 ao Lirón Teucro, cuarto clasificado. Veremos de novo en escena á importantisíma afección de Carballo.
Calvo Xiria 39 – Granitos Ibéricos Carballal 32
Calvo Xiria (16+16): Antonio Mato (2p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras, David García (7), Pablo Veiga (2), Julián García (10), Chimpo Rodríguez, Samuel Veiga, Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (3), Mario García De Seárez (3), Carlos Varela, Diego Gago (3), Mario Cancela (7), Senén Garea (1).
Granitos Ibéricos Carballal (15+17): Gonzalo Arenas (p), Juan José Novás (p), Samuel Rodríguez (2), Diego Rodríguez (1), Yago López (6), Edu Alonso (4), Alejandro López (3), Iván Soage (1), Samuel Barciela (1), Jorge Navarro, Rodrigo Mouco (1), Guillermo Rial (4), Gabriel Mesa (2), Ángel Rodríguez (7).
Árbitros: Jordan Suárez e Daniel Valdés.
Marcador cada 5 minutos: 2-3, 5-5, 7-6, 11-9, 16-12, 20-15, (descanso), 24-19, 27-20, 29-21, 31-22, 36-28. 39-32 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 15ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón de Vila de Noia (Carballo).


