Excelente papel dos conxuntos de Xiria en BM7

Na mañá do día de onte, celebrábase no pavillón de San Marcos de Abegondo a fase final da liga provincial de BM.7. Os dous conxuntos de Xiria, o Metalúrgica BB Xiria A e B, conseguían meterse entre os catro mellores equipos da provincia e agora só quedaba por dilucidar se se ía a dar unha final entre os dous conxuntos de Carballo.

Foi unha xornada onde os nervios estiveron a flor de pel, onde as ansiedades presentáronse para retraer as mellores decisións dos alevíns que non tiveron o seu mellor día en canto ao xogo, pero onde o seu sempre espírito competitivo e de loita, levoulles de igual modo a asinar un campionato máis que notable.

A punto estaría de concretarse esa final entre os dous equipos verdes, xa que o Metalúrgica BB Xiria B quedaría fóra da mesma despois dun partido igualado, con dous tempos empatados e os outros dous a favor dos coruñeses pola mínima. Era o primeiro enfrontamento da mañá e a xornada comezaba cun envite de altos voos:

Metalúrgica BB Xiria B – BM. Atlántico: 2-6

=2- 2          = 3 – 4          = 5 – 5          = 7 – 8

A continuación, saía a escena o Metalúrgica BB Xiria A que se enfrontaba ao potente equipo local de Abegondo e noutro encontro vibrante e igualado, onde a tensión dos xogadores era palpable en cada cuarto, os de Carballo metíanse na final polo golaverage, despois de que o partido terminase cun empate a catro puntos. Tan só un gol daba o pase aos bergantiñáns á gran final que xogarían contra o BM.Atlántico, equipo que deixara fóra da mesma aos seus compañeiros de Xiria.

Metalúrgica BB Xiria A – Gas Abegondo: 4-4

=0 – 3          = 6 – 3          = 5 – 6          = 7 – 5

No terceiro e cuarto posto, a igualdade continuaría sendo a nota predominante, pero neste caso e aínda que fose por diferenzas mínimas, o Metalúrgica BB Xiria B impoñíase no primeiros tres tempos ao Gas Abegondo, sentenciando desta forma o partido e conseguindo a terceira praza desta fase final.

Metalúrgica BB Xiria B – Gas Abegondo: 6-0

=6 – 5          = 8 – 6          = 6 – 5

Chegaba o Metalúrgica BB Xiria A a gran final un tanto extenuado. Dous partidos de tal intensidade nun par de horas xa se comezaban a notar nas pernas dos xogadores de ambos os conxuntos, pero como non podía ser doutra maneira, a ilusión destes nenos levoulles, a carballeses e coruñeses, a presentar batalla nunha gran final. Nos dous primeiros cuartos, unha vitoria para cada equipo non nos apartaba desa igualdade que se marcou en cada un dos partidos desta fase e todo se ía a dilucidar no últimos vinte minutos de encontro. O terceiro cuarto era clave para inclinar a balanza cara a un ou outro lado e aquí tivo éxito o BM.Atlántico, que levo a vitoria por un axustado 6-8. Quedaba unha última oportunidade para os de Xiria, había que gañar o último cuarto por unha diferenza de catro goles e o Metalúrgica BB Xiria A sería campión provincial, pero a gasolina terminouse definitivamente e os carballeses caían tamén neste último tempo, conseguindo desta forma un máis que meritorio subcampionato.

Metalúrgica BB Xiria A – BM. Atlántico: 0-8

=6- 9          = 7 – 5          = 6 – 8           = 3 – 7

Enorme competición dos dous equipos de Xiria, demostrando o seu gran potencial e valía entre os xogadores de ambos os equipos. Sen ningunha dúbida, unha xeración á que se lle aveciña un excelente futuro.

Estos son os rapaces que durante toda a tempada formaron parte dos conxuntos de Xiria.

Metalúrgica BB Xiria B: Pablo Veiga, Manuel Rey, Miguel Cambón, Angel Villar, Maxi, Manu Pérez, Diego Barbeira, Xurxo Fraga, Lucas Amado, Antón Pardiñas, Alex Tato.

Metalúrgica BB Xiria A: Álvaro García, Manuel García, Daniel Bello, Martín Cousillas, Hugo García, Henrique Traba, Erik Vázquez, Marcos Varela, Aday Gómez, Brais Suárez, Manuel Muñoz, Marcos Amarelle.