Excelente vitoria a domicilio do Calvo Xiria contra Rodosa Bm Chapela

Unha vitoria fraguada desde a defensa, onde aos poucos foi desgastando ao Bm Chapela que xa na segunda metade caía unha e outra vez nas redes dun Calvo Xiria, que rompeu o partido ao contraataque. Unha vitoria que lle fai máis líder e que lle dá confianza para afrontar a próxima cita ligueira contra o Gourmet Ampate Lanzarote. Outro duelo de moitos quilates.

Os primeiros minutos do encontro, o Calvo Xiria quizáis saía cun exceso de motivación, que non lle permitiu atopar o seu xogo de ataque; querían resolver pola vía rápida, contraataques e ataques posicionales xogados de forma directa contra a férrea defensa do Rodosa Bm Chapela, que adquiriu unha vantaxe de 4 a 1.

Pero salvo algún erro puntual o sistema defensivo funcionaba e cando o equipo acougouse empezou a tomar mellores decisións. Chegados ao minuto 15 o marcador reflectía 6 a 6. O Calvo Xiria, cos cambios gañaba frescura, nunha tarde calorosa no mpal Manuel González Soto e poñeríase por diante no minuto 17, con gol de Chimpo desde os 9 metros. Diferenza dun gol que se mantivo ata que unha perda de balón local, permitiulle a Daniel Mallo ampliar o marcador ao 9 a 11 co que chegamos ao descanso.

Tras o descanso, chegaron os mellores minutos dun Calvo Xiria desatado. O esforzo defensivo, veríase recompensado, e o ataque posicional xogaba mellores situacións de lanzamento, por tanto un parcial de 1 a 4,que trataría de frear o Bm Chapela cun tempo morto. Unha situación de inferioridade, permitiu a Iago aparecer cando o equipo ó necesitaba, para manter o marcador con diferenza de 4 (12 a 16). Xa recuperado o xogo de igualdade, o Calvo Xiria volvía sobre o 5:1 e a vantaxe chegaba ata os 6 goles.

Fran Teixeira reorganizaba aos seus. Aproveitou o Calvo Xiria para volver rotar e manter o nivel alto do equipo ante un Chapela que non podía atopar o camiño ao gol. O marcador chegou ata o 16 a 25 e a falta de 2 minutos o Chapela redondeaba o resultado final (19-25)

Gran partido e gran resultado para o Calvo Xiria; que deixa ao segundo clasificado o Gourmet Ampate Lanzarote a 5 puntos. Rival que a semana que vén visita o Vila de Noia; polo que nos espera outro partido importante na loita polo título.

Rodosa Bm Chapela 19 – Calvo Xiria 25

Balonman Saeplast Cañiza (9+10): Kevin García (p), Ángel Noya (p), Miguel Espiño, Marcos Serrano, Manuel González, Pablo Vidal (1), Rubén Figueirido (2), Fabián González (1), David Figueirido, Álex Sánchez (4), Adrián Lomba (1), Oscar Silva (2), Xacob Novoa (1), Alberto Garrido (5), Pablo Casal, Jacobo Rodríguez (2).

Calvo Xiria (11+14): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (3), Fran Rey, Dani Mallo (4), Chimpo Rodríguez (6), Diego Vega (2), Juanka Rodríguez (2), Manu Méndez, Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (3), Aaron Rodríguez, David García (4), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (2).

Árbitros: Pablo Castellanos e Santiago Piñera

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón mpal Manuel González Soto, Redondela.