Excelente vitoria do Grupo Lemaco Xiria B diante do Ribadosar

60 minutos emocionantes; de respecto e competición; onde o balonmán foi o protagonista, entre dous equipos que aspiran a estar entre os dous primeiros clasificados.

O Grupo Lemaco Xiria B, impúxose nun partido de máxima igualdade, e que na segunda parte; o labor defensivo realizado polo equipo, foi facendo efecto no conxunto local, que se viu superado ante a regularidade mantida polos de Xiria,

Empezaba ben o encontro para os de Carballo, que ían por diante no marcador con vantaxes mínimas, pero o Ribadosar, foi entrando no partido de menos a máis, e remontaba. Sucedíanse continuas alternancias no marcador, e antes de chegar ao descanso o Grupo Lemaco Xiria B, levaba o gato á auga cun 15 a 16; pero sufrindo unha exclusión cando quedaban 12 segundos.

A pesar de empezar cun xogador menos a segunda metade; sentaríalle ben o paso por vestiarios; para reorganizarse na parcela defensiva; que sería a clave do partido.

Aínda que, o equipo atopábase cómodo sobre a pista, quizais algo de ansiedade por querer rematar e marcar gol rápido, levaríalle a precipitarse na fase ofensiva.
Ribadosar loitaba por cada acción; pero Xiria non quedaba atrás. As exclusións aproveitábaas mellor o conxunto de Carballo; conseguindo marcar gol, tanto en superioridade como en inferioridade. Aos poucos a diferenza ía crecendo e o Grupo Lemaco Xiria B estaba a posicionarse para facerse con dous puntos importantes; e como curiosidade, ademais de valorar o traballo defensivo; en ataque case todos os xogadores puideron anotar.

O resultado final sería de 28 a 34.

A semana que vén recibirá a Gas Abegondo, co que comparte liderado neste momento.

Bm Ribadosar 28 – Grupo Lemaco Xiria B 34

Bm Ribadosar (15+13): Miguel Cepeda (2), Jorge Rivas, Álex Graña, Héctor Costas, Guillermo Meizoso, Iago Patrón (4), Daniel Campo, Marcos Benlliure, Pedro Sarrapio (2), Juan González (9), Jesús Ricoy (7), Carlos Quintela (3).

Grupo Lemaco Xiria B (16+18): Yago Sande [p], Brais Suárez (3), Máximo Andrés (2), Henrique Traba (5), Álvaro García (1), Diego Moourelle (5), Marcos Suárez (4), Aday Gómez (2), Simón Viña (5), Jorge Rodríguez (1), Daniel Periscal (6).

Árbitros: Iria Rivera e Marta González do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a quinta xornada do Grupo A da liga prata cadete, disputado no pavillón Quiroga Palacios (Santiago).