Excelente vitoria do Marmolería José Rey Xiria

Excelente vitoria do Marmolería José Rey Xiria

Partido moi igualado e intenso o que se puido ver o sábado en Carballo, entre o Marmolería José Rey Xiria e o Balonman Pontedeume. Constantes alternancias no marcador, con pequenas diferenzas para un e outro equipo. Pero o forte ritmo que estaba a pór o Marmolería José Rey faría que ao comezo da segunda metade puxésense 5 goles a favor e coa sensación de ir a máis. Despois dun tempo morto visitante, e a medida que se achegaban os minutos finais, o desgaste físico polo bo esforzo realizado durante todo o partido faría que o Pontedeume, con xogadores máis fortes fose achegándose no marcador até chegar a empatalo a falta dun minuto. Un gol en penetración, despois dun bloqueo na zona lateral puña ao carballeses un arriba e na súa última defensa non deixarían ao Pontedeume ningunha opción clara de lanzamento, o que levou a conseguir os dous puntos.

A próxima xornada visita Carballo ó Conservas Boya Camariñas.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante 100 seareiros. Colexiado: Juana Garrochena González do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Fernando Mallo por parte local, namentres que polo Balonman Pontedeume foron excluídos Alejandro Hermida e Marcos Fraga. / 7 metros: Marmolería José Rei Xiria 1/2 // Bm Pontedeume 2/3

Marmolería-Pontedeume Marmolería-Pontedeume2 Marmolería-Pontedeume3 Marmolería-Pontedeume4