Exhibición defensiva e vitoria do Calvo Xiria

Nova demostración de xogo do Calvo Xiria que non deu opción a un Clube Balonmán Tui que sempre foi por detrás no marcador.

Partido corresponte á xornada 18 de liga no que o clube tudense visitaba Carballo tras un encontro moi disputado na primeira volta entre ambos conxuntos que se saldou con vitoria carballesa por catro goles de diferenza. Nesta ocasión o relato foi moi distinto, o Xiria saía moi enchufado dende os primeiros minutos e o ataque tudense apenas atopaba ocos na defensa liderada por Tamara e Natalia. Ós poucos o conxunto carballés atopábase máis cómodo en ataque e as constantes rotacións impedían baixar a intensidade.

Cun resultado 14-8 ó descanso, o despriegue defensiva das carballesas inda foi maior na segunda metade -onde só concederon tres goles- e a aportación coral en ataque facía medrar rapidamente a renda. A diferenza puido ser moito maior se non fora pola gran actuación da porteira visitante con intervencións de moito mérito dende a liña de seis metros.

Resultado final 29-13 e unha semana máis que o noso senior feminino segue son coñecer a derrota. A nota positiva do encontro púxoa Lara Otero que volveu a xogar tras dous meses afastada das pistas. A próxima semana as nosas visitan ó BM Pabellón co obxectivo de seguir mantendo a diferenza cos competidores na loita polo liderato.