Éxito dobre para o Lemaco

Éxito dobre para o Lemaco

No pasado xoves tivo lugar a cita dobre entre o Culleredo e o Xiria, onde ambos conxuntos A e B se enfrontaron estre sí na segunda xornada da Copa Federación.

No primeiro lance, o Xiria B se medía de novo ante o Culleredo B para manter os resultados positivos da liga. Sin embargo, esta vez non foi tan sinxelo, xa que as locais prantaron cara ante as dúbidas en ataque do equipo na primeira metade. Con Lucía Castiñeiras nos mandos da artillería carballesa, o Grupo Lemaco lograba desatascar situacións comprometidas na segunda metade de campo, pero a solidez defensiva foi o que de verdade serviu ás de Bergantiños para acadar a vantaxe da chegada ós vestiarios (10-15).

Na volta á pista, O Xiria atopaba o espazo entre liñas grazas a aportación dunha primeira liña determinada no 1×1. Pola contra, o lanzamento exterior de Celia daba ó Culleredo armas para solventar a sequía goleadora en ataque.

Pese a ser un encontro marcado polas defensa, o Xiria se impoñía de novo ante o Culleredo B, agardando a derradeira xornada en Carballo ante o Culleredo A.

BM CULLEREDO CANOSA ABOGACIA 19 – 26 GRUPO LEMACO XIRIA B

Inmediatamente despois do remate do encontro comezaba o segundo lance da manán. O Grupo Lemaco A comebaza con mal pé ante un Culleredo A que mantiña a efectividade grazas ós 1×1 procedentes das permutas. Malia todo, as de Carballo lograban pechar a cancela cunha defensa intensa e a unha Lara en portería moi eficaz. Pouco a pouco o Xiria se afastaba no marcador ata o interludio (8-14).

Na segunda metade o Xiria mantiña o nivel defensivo no 6:0 mentres atopaba ocasións de gol máis doadas mediante xogo colectivo. Os catro lanzamentos de sete metros detidos por Lara e os ocos atopados no 1×1 pola primeira liña disparaban ó Xiria cunha diferenza insalvable no electrónico. O cambio a defensa 5:1 zonal do Culleredo propuxo problemas para un Grupo Lemaco que non está habituado a dicha sistemática, concentrando o xogo en zona de pivote e provocando perdas de balón. Aínda que o Culleredo prantaba cara, a ausencia de xogadoras lesionadas e a superioridade física das de Carballo puxeron os puntos nas mans das visitantes.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 17 – 35 GRUPO LEMACO XIRIA B

Agora resta a reguinte xornada para pechar a competición galega das carballesas, na que serán as de Culleredo as que viaxen ata Carballo o sábado para volver a enfrontarse nun partido dobre:

Xiria B – Culleredo A

Xiria A – Culleredo B