Festival goleador na vitoria do Garaysa ‘A’

Festival goleador na vitoria do Garaysa ‘A’

Nova vitoria do Garaysa A logo dunha gran primeira parte a nivel ofensivo onde conseguiu anotar 32 goles.

Garaysa Xiria A 56 – Sar Nosatun 39

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (6), Quintín Insua (13), Rodrigo Rama (3), Lucas Radio (8), Brais Sánchez (7), Roi Pérez, Héctor Castro (4), Rodrigo Castiñeiras, Sergio Pérez (13), Manuel Pombo (1) e Marco Núñez (1).

Incidencias:  Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo)

Volvía o balonmán a Carballo nesten novo ano e o Garaysa Xiria tocáballe comezar a segunda volta da competición, logo de completar unha primeira parte da tempada casi perfecta, con tan só 1 derrota en 9 partidos.

O encontro comezaba moi dinámico por parte dos dous equipos, onde os ataques se impoñían ás defensas. Segundo avanzaba a primeira metade, os carballeses subiron a intensidade defensiva, e fóronse no partido, para sentencialo ao chegar ó descanso, cunha vantaxe de 16 goles (32-16).

Na segunda metade, o nivel defensivo foi moi baixo, e iso, sumándolle á eficacia nos lanzamentos dos dous equipos fixo que se chegase ao final cun resultado atípico para estas categorías (56-39).

A vindeira semana, o Garaysa viaxa a Pontevedra para enfrontarse ao Club Balonmán Cisne, nun duelo directo pola segunda praza