Festival de goles na vitoria do Garaysa Xiria A

O Garaysa Xiria A consegue a terceira vitoria consecutiva na Liga Ouro infantil masculina nun partido onde os protagonistas foron os ataques.

Garaysa Xiria A 48 – Sar Nosatún 43

Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (13), Ivan Rey (1), Gonzalo García (4), Quintín Insua (4), Rodrigo Rama (3), Lucas Radio (8), Brais Sánchez (4), Dani Pan e Hugo Rama (10).

Incidencias:  Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo)

Enfrontábanse no Vila de Noia dous equipos aos que lle gustaba correr e iso íbase transmitir no campo, e no marcador. Comezaban os visitantes máis enchufados que os de Carballo, que salían á pista algo despistados, onde cun parcial de 2-6 obligaba ao Xiria a parar o partido. Dende ahí, o Garaysa despertou e comezou a sentirse moi cómodo nas transicións e conseguía coller unha vantaxe de 6 goles. Nos últimos 5 minutos da primeira metade, outro pequeno baixón local, fixo que se chegara ao descanso cun 21-21.

A segunda metade foi frenética para o espectador aínda que non tanto para os adestradores, onde as defensas non conseguían parar aos ataques e iso fixo que o marcador final fose dun 48-43 para os de Carballo, que estiveron máis eficaces nos últimos intres e leváronse o partido.

O Garaysa Xiria A está 3º clasificado nunha liga onde a seguinte fin de semana se descansa polo parón de seleccións galegas.