Fin de semana de importantes derbis

Estamos ante unha fin de semana longa onde as competicións que disputan os diferentes equipos de E. Bm.Xiria estenderanse ata o vindeiro martes 19. Será unha fin de semana con enfrontamentos importantes para os obxectivos dalgúns dos conxuntos do club de Carballo. O destino, sempre caprichoso, quixo axuntar o derbi de categoría senior cos de categorías basee de DH, todos eles fronte ao OAR da Coruña e a domicilio.

Será o enfrontamento de 1ª nacional unha auténtica final para o Calvo Xiria, que acode coa intención de romper a serie de dous partidos sen coñecer a vitoria e desta forma, iniciar o camiño de sete partidos que lles leve a conseguir manter esa segunda praza que lles dá opcións de xogar unha nova fase de ascenso. A tarefa non será fácil, xa que o conxunto herculino reforzouse e de que maneira, contando nas súas filas con xogadores con experiencia en categorías superiores. Un equipo que de comezar a tempada con ese cadro de persoal, aspiraría sen dúbida aos primeiros postos da táboa.

O Calvo Xiria deberá por tanto de recuperarse animicamente nesta semana de adestramentos e prepararse para expoñer de novo o seu mellor nivel defensivo, ese que nos últimos encontros non funcionou e que pode marcar o devir do envite. Doutra banda, o equipo carballés segue co cadro de persoal castigado por lesións importantes, pero tentarán que algúns xogadores poidan achegar naquelas facetas onde a súa doenzas non lles causen problemas. Iago Gómez volverá ao equipo despois da sanción por un partido e volverá formar parella con Antonio Mato, que estivo a un gran nivel na partida fronte ao Carnes Doribeiro. Os dous conxuntos daranse cita o Sábado ás 20:00 h no pavillón S. Francisco Javier.

O Goldie Xiria terá doble traballo nesta fin de semana longa. As carballesas enfróntanse este domingo ás 12:30 ao Saeplast Bm Cañiza a domicilio no partido correspondente á xornada vixésimo terceira da primeira autonómica feminina e o Martes 19 o BM. Caselas no CEIP Fogar as 18:00h. No encontró do Sábado, as de Carballo atoparánse cun equipo novo que basean o seu xogo a través do colectivo, onde as centrais teñen moito que dicir no xogo de ataque. As de Xiria teñen ganas de quitarse a espiña do mal partido disputado en Lalín e viaxan ata Cañiza con ánimo de sorprender ao seu rival e así facerse coa vitoria. Do mesmo xeito, a ilusión e a ambición pasan por conseguir catro puntos nestes dous partidos e despois de tentar traer os dous puntos dende a Cañiza, rematar a faena fronte as de Caselas no día de San José.

Na DH, os tres conxuntos de Xiria (xuvenil, cadetee infantil) xogará o Sábado pola mañán en S.Francisco Javier no derbi contra o OAR. Todos os equipos xogan por cousas importantes e así, mentres os infantís e xuvenís loitan por conseguir rematar a competición na sexta praza e eludir a fase de promoción de inicio de tempada, os cadetes farano por ocupar a millor posición para disputar a fase que da o pase ao campeonato de España.

Os xuvenís do Laber e máis os infantís do Garaysa, xa foron quen de imporse ao OAR no encontró de ida, pero desta volta non o terán nada sinxelo, xa que os coruñeses contan con bos equipos e moita altura nas súas filas. Nas filas do OAR xuvenil, estará Pedro Pereira, xogador da canteira do Xiria e que estivo ate o pasado ano nas filas dos de verde. Mentres o Laber Xiria abrirá a xornada no S. Francisco Javier o Sábado as 10:00h, o Grupo Lemaco cerrará a mañán co seu partido as 13:00h.

No caso do Grupo Lemaco cadete e a tan só 3 partidos para o final da división de honra, os cadetes parten como favoritos neste enfrontamento, pero no poden despistarse nin pecar de confianza. Nas filas locais está o xogador carballés Juan Pereira, que garda boas amizades dentro e fóra do 40×20. Partido con rivalidade, xa que se trata dun derbi, pero que de seguro os xogadores tratarán de ofrecernos un bo partido de balonmán. Os de Carballo seguirán traballando con vistas á fase final. Os cadetes xogarán o Sábado as 11:30 no pavillón S. Francisco Javier.

Os tres equipos Terán xornada tamén o Martes festivo. Serán os encontros fronte ao Cisne de Pontevedra correspondentes a xornada nº 19, que no seu día aprazárase pola convocatoria do entrenador Adrián Dubra pola RFEBM para acudir como técnico a actividade que dita federación leva a cabo no CAR de Sierra Nevada.

Todos os encontros xogaranse no pavillón da cidade infantil príncipe Felipe. Os infantís do Garaysa Xogarán as 10:00h, os cadetes do Grupo Lemaco as 12.45 e os xuvenís do Laber as 11:15. Partidos a priori moi complicados fronte a un rival que ocupa os postos altos, pero no caso do Grupo Lemaco e do Laber, xa foron quen de sair gañadores deste enfrontamento na primeira volta.

No caso das rapazas, o vindeiro sábado o Punta del Este Xiria recibe na casa ao Rasoeiro Conservas Isabel, o encontro celebrarase ás 12:00 no pavillón da zona escolar CEIP Fogar. Presentarase un encontro intenso e interesante, xa que na primeira volta o Punta del Este Xiria estivo ás portas de traer os dous puntos, pero os descoidos defensivos e o cansazo na metade da segunda parte, pasáronlles factura que foi aproveitado polas do Rasoeiro que remataron por levar o partido cun resultado 24-22. Este sábado as do Xiria volverán a ir con todo e tentar que os dous puntos queden na casa.

Na 2ª división da categoría Infantil Masculino,  o  Marmolería José Rey Xiria xoga fronte ao Bm Línea 21 a que será a xornada 3 da Fase Final Norte. Os rapaces de Xiria, que están a demostrar una clara melloría cada semana, queren facer fortes na casa e conseguir dous puntos fronte os seus rivais da Coruña. O partido será o Sábado 16/03, 10:30, pavillón Ceip Fogar, Carballo

Na Liga alevín Bm7, o Metalúrgica BB Xiria volta a competición despois dunhas xornadas sin facelo. Os de Xiria viaxan a Coruña para enfrontarse ao BM. Atlántico, un dos gallitos da competición. O Metalúrgica BB desexa exponer fronte a un rival forte o traballo que se leva facendo durante a semana e mostrar a melloría que se está a ver nos entrenamentos. O partido será o Domingo as 12:00 no pavillón mpal de Perillo, Oleiros.