Fin de semana de play off en categoría feminina

Este próximo fin de semana, as rapaces infantís e cadetes de E.BM. Xiria, participarán nos play-offf que ofrecen a posibilidade de xogar na División De Honra de esta tempada.

O conxunto infantil feminino, Punta del Este Xiria, desprázase a Salceda de Caselas e as cadetes do Hierro Varela Urbieta a Lalín.

O primeiro partido do Punta Del Este xogarase o sábado ás 11:00 contra o equipo local (ED Caselas) e o segundo disputarase na mañá do domingo, tamén ás 11:00, contra o BM Rodeiro.

Debido ás alturas de tempada na que nos atopamos, cos equipos aínda faltos de forma, prevense partidos de máxima igualdade que se decantarán a favor do equipo que consiga minimizar os seus erros e estea máis acertado cara a portería. O conxunto carballés, cun persoal curto, ten ante sí un difícil e ilusionante reto que deberá afrontar con ganas e moito traballo, para deste xeito, conseguir sacar un resultado positivo destes Play- off e poder afrontar unha tempada máis na DH da categoría.

Pola súa banda, as cadetes de Hierros Varela Urbieta xogarán, como dicíamos, o seu sector de Play-Off en Lalín, un grupo de catro equipos que loitarán por facerse cos tres primeiros postos, os que dan acceso a disputar a liga de División De Honra na tempada que se aveciña.

As xogadoras bergantiñáns Terán ante si tres rivais de moita entidade, xa que tanto as locais de Lalín, como o BM. Rasoeiro ou ED Salceda, son clubes cunha traxectoria importante no balonmán feminino galego. As nenas de Carballo, cunha xeración moi a ter en conta e que está a conseguir obxectivos notables nos últimos tempos, parten con ilusión e ánimo para conseguir una das prazas que da opción a participar na próxima División de Honra da categoría.

As rapazas do Punta Del Este enfrontaranse o Venres as 17:30 as locáis do BM. Lalín, o Sábado as 11:00 o seu rival será o BM. Rasoeiro e finalizarán o torneo cas rapazas das ED Salceda o Domingo as 10:30.

Todos os partidos disputaranse no pavillón Lalín Arena.