Fin de semana frenética con enfrontamentos importantes e inicio da competición prebenxamín

1ª Nacional masculina:

Temperatura fría e unha afección entregada ao seu equipo, será o ambiente que se atope o Calvo Xiria na súa visita ao Balonman Saeplast Cañiza (sábado 18:00h). Os locais chegan con confianza despois de gañar ao Lanzarote e a Chapela, dous dos favoritos, pero tamén o Calvo Xiria chega ao encontró en plenitude de condicións. Será un gran partido, onde o Xiria deberá atopar boas situacións de ataque ás diferentes alternativas defensivas que ten o seu rival. Na parcela defensiva, a colaboración blocaxe-portería e as tarefas de disuasión cobrarán suma importancia.

1ª Autonómica feminina:

 O Goldie Xiria Carballo Turismo, viaxa este sábado a Vigo para enfrontarse ao Seis Do Nadal Coia. Despois dun longo periplo con numerosas baixas, as bergantiñás recuperan a maioría dos seus efectivos, cuestión importante para afrontar este díficil partido coa intención de sumar os dous puntos. As mozas de Xiria deben de apostar por unha clara mellora no ataque posicional, fase do xogo onde están a atopar maiores dificultades. A retagarda debe de seguir funcionando a un bo nivel, mesmo mellorar, para poder explotar o contraataque e minimizar o xogo en ataque posicional. O partido será moi importante para as mozas do Goldie Xiria Carballo Turismo, que desexan sumar os dous puntos en xogo para escalar postos na táboa clasificatoria. O encontro será no municipal de Coia ás 20:15 h.

División De Honra masculina:

Gran xornada no CGTD a que depara aos equipos de base do Xiria na súa visita a Pontevedra o sábado pola mañá. Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria ás 10:00 e os xuvenís do Laber Xiria ás 11:30, xogarán contra o Cisne Colegio Los Sauces. Os cadetes, concentrados en ser máis constantes no seu xogo e manter a competitividade, mentres os xuvenís, tratan de axustar de novo o modelo de xogo, despois de ir recuperando efectivos as últimas semanas. Pecha a xornada matutina á 13:00 o Garaysa Xiria ante o Cisne Mundo de Sepo nun dos mellores partidos que se pode ver na categoría infantil. Enfróntanse dous equipos na loita polo título. A recado, haberá moitas emocións sobre a pista, pero tamén teremos bo balonmán.

División De Honra feminina:

As Infantís e Cadetes de E. BM. Xiria, viaxarán este sábado a Lalín para enfrontarse ao Coreti Lalín no pavillón Lalín Arena. As cadetes do Hierros Varela Urbieta, serán as primeiras en saír a escena (10:30 h) e as infantís do Punta Del Este, farano xustamente despois (12:00 h). Serán partidos duros para os dous equipos de Carballo, aínda que tanto unhas como outras chegan nun bo momento anímico e, a pesar das baixas de ambos os equipos, nas últimas datas están a demostrar unha mellora a nivel competitivo importante, así que o obxectivo é manter a tónica e completar dous encontros de maneira regular no xogo.

2ª División infantil masculina:

O Metalúrxica BB Xiria, xoga o sábado ás 10:30 como local no pavillón Carballo Calero ante o Club Balonman Galipizza Viveiro. Dous equipos con obxectivos diferentes e un  Xiria que quere manter o pulso na loita pola segunda praza.

Liga Alevín e benxamín BM5:

Tamén este sábado habrá xornada de BM5 para as categorías alevín e benxamín en dúas sedes; o pavillón do CEIP Fogar de Carballo e o de San Francisco Javier en Coruña. Os calendarios de partidos de esta quinta xornada son os seguintes:

Alevín Grupo Norte 1 (CEIP Fogar):

Garaysa XiriaLista Xiria 10:00h

Club Deportivo Concello de Zas – Bm Camariñas RMO 10:45h

Bm Ribadosar.es – Bm Camariñas A 11:30h

Laber Xiria – Bm Ribadosar Alca 12:15h

 

Liga Benxamín Grupo Norte 1 (CEIP Fogar):

7Metros Xiria – Balonman Xallas FC 10:00h

Mr. Nutrición Xiria – Bm Ribadosar Alca Épsilon 10:45h

Óptica Auris Xiria – Club Deportivo Concello de Zas 11:30h

Bm Camariñas Talleres Alfogar – Bm Ribadosar Alca Omega 12:15h

 

Alevín Grupo Norte 2 (San Francisco Javier)

Colegio Liceo La Paz Verde – Telepizza Carballo Xiria 12:15h

Investo Oar Ciudad – Grupo Lemaco Xiria 13:00h

 

Liga Benxamín Grupo Norte 2 (San Francisco Javier)

Aislamientos San Juan Xiria – Atlánticos 12:15h

TLM Xiria – Colegio Liceo La Paz Verde 13:00h

Doutra banda, iníciase a competición dos máis pequenos. A categoría prebenxamín entra en escena coa primeira sede en Culleredo. Esta primeira xornada celebrarase na mañá do Domingo nuns horarios aínda por confirmar polo club organizador.