Fin de semana repleto de balonmán

O Calvo Xiria actuará como local este próximo Sábado, recibindo no Vila De Noia a un dos conxuntos que, tempada tras tempada, vai en claro crecemento. O Saeplast Cañiza é un equipo que se reforzou de forma notable este ano. Os irmáns Alfeirán, saídos da canteira de E. BM. Xiria, tamén forman parte do proxecto do conxunto pontevedrés para esta tempada. Os rojillos veñen de completar un excelente encontro contra o Lalinense, un dos favoritos ao título, polo que o Calvo Xiria terá que facer un partido sobresainte para impoñerse a este gran rival. A defensa deberá de continuar consolidándose como parte importante no conxunto carballés e a velocidade no xogo, un baluarte que dea moitos réditos aos locais. O encontró dará comenzó o Sábado as 18:00h.

No balonmán feminino, e tempo de  derbi da costa. O Goldie Xiria viaxa para enfrontarse ao Encaixe Camariñas no Areal. Será o sábado ás 17:30. As de Carballo tratarán de conseguir unha nova vitoria e así afianzarse na primeira autonómica, progresando na clasificación. O adestramento semanal decidirá as xogadoras coas que poderá contar o preparador carballés Adrián Dubra, para a disputa deste choque.

Pola súa parte e xa nas categorías base, o  Laber Xiria Xuvenil disputará dous encontros nesta fin de semana. Correspondente a 4ª xornada visitará Carballo o Luceros, partido onde o Laber deberá amosar intensidade defensiva e efectividade cara a gol para poder dobregar ao seu rival, de maior envergadura pero seguramente máis lento. Co aprazamento da primeira xornada fai que o Carballal visite aos carballeses este domingo a partir das 10:30, polo que as forzas chegarán xustas para medirse a uns dos equipo chamados para estar arriba, a fortaleza defensiva e non poder permitirse perdas de balón en ataque serán dúas das claves a ter en conta polo Laber Xiria.

Os cadetes de Grupo Lemaco Xiria, enfrontaranse ao Luceros o sábado ás 12:15 no Ceip Fogar, un partido importante para a clasificación, onde os de Cangas marchan xusto por encima. O factor localitario preséntase fundamental para conseguir os dous puntos en xogo.

Os infantís de División De Honra farán o propio e recibirán a os do Morrazo coa ilusión de sumar dous novos puntos na clasificación. O partido será este Sábado as 10:30 no pavillón Ceip Fogar.

En 2ª Infantil Masculino, os de Xiria viaxan a Culleredo para afrontar a 2ª xornada da competición, contra un clube que está amosando un crecemiento sobresainte e que conta sempre con equipos de moita calidade. O encontro será o Sábado as 10:00 no pavillón municipal de Tarrio, Culleredo.

O Hierros Varela Urbieta Xiria afronta o seu terceiro partido na casa contra o BM. Brigantium o domingo ás 12:15 no Pavillón Vila de Noia de Carballo. As do Xiria levan 2 victorias en 2 partidos mentras as de Coruña conseguiron 1 victoria en 2 partidos. Ambos equipos loitarán polos 2 puntos que as manterá na parte alta da clasificación.

Esta fin de semana o Punta del Este Xiria enfrentase a Cafetería Tato BM Lavadores. O encontro celebrarase o domingo 21 as 10:30 no pabellón Fogar. As carballesas intentaran mellorar o seu xogo, sen tantos despistes defensivos, presentase un encontro emocionante e bastante igualado, esperamos que as carballesas loiten ata o último minuto.