FINAL DE COPA CADETE MASCULINA

O OAK English Centre Xiria clasificouse brilantemente para a disputa da final do Torneo Delegación Territorial. O equipo carballés xogarase o título desta copa co Balonmán Oleiros o vindeiro sábado, día 7 de xuño, ás 11.00 h, no Pavillón Municipal da Laracha.

Para chegar a esta final o equipo que dirixe Juan M. Rodríguez, equipo que foi crecendo e mellorando notablemente as súas prestacións co descorrer da temporada, rematou segundo do seu grupo da copa tras empatar a 40, con unha polémica actuacion arbitral co OAR no derradeiro partido da liguilla de clasificación, disputado o pasado sábado. Unha vitoria neste encontro, escamoteada pola arbitraxe, permitíalle ao Oak English pasar como primeiro de grupo e ter unha semifinal teoricamente máis sinxela. Finalmente o equipo de Carballo pasaba como segundo de grupo e tiñase que medir ao día seguinte, o pasado domingo, na semifinal ao Bm Narón, primeiro clasificado do outro grupo. Non tivo excisivos problemas o Xiria para derrotar ao cadro naronés por 42 a 34 na semifinal e plantarse na final.

Agora os rapaces de Juan M. Rodríguez xogaranse o título fronte ao Balonmán Oleiros nunha final que se presenta moi igualada, reñida e incerta. Nos catro enfrontamentos directos que disputaron ambos equipos esta campaña os de Oleiros lévanse a palma con dúas vitorias por unha dos carballeses e un empate, sempre con resultados moi igualados. Sen embargo a que obtiveron os rapaces do Xiria foi no derradeiro dos enfrontamentos, o que fai albergar moitas esperanzas xa que están a rematar de xeito moi forte a temporada.