Garaysa C remonta na casa ante Lucense

Garaysa C remonta na casa ante Lucense

No segundo encontro da tempada os rapaces do Garaysa Infantil C se enfrontaban a unha densa defensa 6:0 do conxunto lucense que axiña trabucaba os intentos locais de atopar portería, bloqueando a primeira liña carballesa e impulsando o marcador o seu favor (0-4) no minuto 7 de partido.

Tras o tempo morto, saíu un máis que preparado Mateo Coleto para tomar os mandos  do equipo. Cos lanzamentos reiterados de nove metros impulsou ó Xiria, que se achegaba no electrónico na finalización da primeira metade (12-13).

Na segunda metade o exceso de responsabilidade manifestouse cando a defensa comezou a saír en profundidade sobre os lanzamentos exteriores. Sin embargo, unha breve pausa para aclarar as ideas permitiron evitar os lanzamentos directos e xogar con continuacións cara os espazos, sempre con un pase máis. 

Por fin o Garaysa C atopaba os ansiados primeiros puntos, deixando boas sensacións na pista (28-24).