GARAYSA XIRIA 17 – S.A.R 33

23/10/2004 4ª XORNADA

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 2 ), Uxía , Fernanda, Yanin ( 4 ), Cristina ( 7 ), María ( 2 )– equipo inicial – Marta, Adriana ( 1 ), Iria, Paula, Jessica ( 1 ).

S.A.R.: Lucía, Ana ( 6 ), Antía ( 10 ), Beatriz, Carla ( 6 ), Sara V. ( 4 ),Sara G.( 2 )– equipo inicial – Olalla, Tania, Carmen ( 1 ), Laura ( 4 ).

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria non obtivo un bo resultado no 4º encontro da liga galega que o enfrontou o SAR de Redondela na tarde do sábado con un marcador final de 17 a 33 goles.

Con dúas baixas, nas posicións de central e pivote que tiveron lugar ó longo da semana, foi necesario colocar xogadoras en postos non habituais, producíndose así unha desconexión tanto nas accións ofensivas coma defensivas.

Ós dez minutos do primeiro tempo o maracador xa amosaba un 2 a 6, que non facía presaxiar o millor, e por este camiño chegouse o descanso cun marcador de 7 – 14.

No segundo tempo non cambiou a tónica xeral e resultou un paseo para as xogadoras do SAR que non fixeron mais que ampliar a brecha no electrónico, con grandes fallos na defensa e pouca actuación ofensiva por parte das carballesas. Factores que foron ben aproveitados polo equipo rival que pechou o 2º tempo cun marcador final de 17 – 33.

A vindeira xornada o equipo do Garaysa Xiria desprazase a Bueu para disputar unha nova xornada na que é posible que ainda non se recuperen as xogadoras lesionadas.
O colexiado Sr. Sanmartín tivo dificultades para seguir o xogo nas transicións rápidas, nas que cometeu varios erros, mais non tivo influencia no resultado.