GARAYSA XIRIA 17 – TIRSO DE MOLINA 16

16/12/2003 4ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Guillín, Norberto, Diego Díaz, Jesús (4), Joaquín (9), Manuel (2), Eloy, Óscar (2), Martín, Marcos e Nico.

TIRSO DE MOLINA: Diego, Pablo, Alberto (3), Ángel (1), Ramón, Ismael, Carlos, Rafa (3), Felipe (5), Alex, Falcón (3) e Manuel (4).

O Garaysa Xiria voltou a sumar dous novos puntos no seu enfrontamento contra o cadro ferrolán do Tirso de Molina na matinal do Domingo no Pavillón Bergantiños. O partido, dunha calidade esaxeradamente rácana, viuse envolto ata o final pola igualdade debido á falta de actitude e incluso á indolencia nalgúns intres da primeira metade por parte do equipo local.

No reinicio o equipo carballés voltou a comeza-lo partido falto de concentración e o xogo exhibido tanto en defensa coma sobre todo en ataque foi de pésima calidade, de aí que un conxunto moi inferior como é o Tirso de Molina puxera contra as cordas ó Garaysa Xiria ata o remate do encontro.

A isto uniuse tamén a nefasta actuación do colexiado carballés Nacho, que ata chegou a pitar un lanzamento do equipo visitante que bateu no poste coma gol e, aínda que se dou conta, moi lonxe de rectificar, pediulle escusas ó adestrador carballés Fernando Vázquez pero anotou o lanzamento coma un gol mais.

Destacar como positivo que, a pesar do mal xogo, o equipo local sumou dous novos puntos e que aínda queda marxe para mellorar o xogo e alcanzar o nivel que eses mesmos xogadores exhibían o ano pasado e sen ir mais lonxe no primeiro partido de liga contra o Camariñas.

1-2 / 3-2 / 5-3 / 6-7 / 7-8 / 9-9 / 9-10 / 12-10 / 14-10 / 15-13 / 17-15 / 17-16
O colexiado Sr. Pereira Navaza tivo unha pésima actuación.