GARAYSA XIRIA 25 – S.D. TEUCRO COVER 26

Garaysa Xiria: 25 (14+11): Manuel, Arnejo, Carlos (5), Gabriel (3), Antón, Iván (2), Alex, Eiroa, Borja R. (2), Pereira (6), Juanca (7), Xurxo, Souto.

S.D. Teucro Cover: 26 (16+10): Rey, Schipper, Pérez (8), Ardao, Sánchez (1), Rivas (1), Piñeiro (3), Gómez, Altiriba (11), Fernández, López (1), Lorenzo(1).

O Garaysa Xiria recibía a visita da S.D. Teucro, un dos rivais directos polos postos altos da táboa. O encontro comezou bastante igualado, con dous equipos moi diferentes que xogaban a un balonmán moi diferente tamén. O Garaysa, cunha defensa moi aberta, tentaba facer do contraataque a súa maior arma, mentres que o Teucro, con xente moito máis corpulenta e forte, defendía cunha 5-1 moi pechada e a súa capacidade goleadora dependía dos seus dous mellores xogadores que remataron o encontro con 19 tantos entre os dous.

O Xiria xogou un partido con moitos altibaixos, con rachas de moi bo xogo seguidas de outras onde o equipo amosábase falto de ideas tanto en ataque como en defensa. Non foi ata a segunda metade cando o Garaysa conseguiu manter un bo xogo durante case todo o período, ata os últimos 5 minutos que, descentrados por varias decisións arbitrais clamorosas, volveron a perder o norte no xogo ofensivo e a intensidade na defensa, foi aí cando o Teucro aproveitou para darlle a volta ao marcador, e pasar así do 24-21 do minuto 21 ao definitivo 25-26.

Dolorosa derrota no último minuto que deixa moi mal sabor de boca entre os xogadores e afeccionados. Agardamos que no próximo encontro en Lalín a sorte se volva de cara aos nosos e poidan recoller algún froito de tanto traballo que tanto se lles está a negar nos últimos encontros. Moita sorte rapaces.