XORNADA 5
27/10/2012
Garaysa Xiria: 26 (10+16): Arnejo, Carlos (2), Vila (4), Ronaldo (1), Tasende (2), Antonio, Tito (2), Souto, Brais (1), Xurxo (3), Juanca (7), Antón, Fran (2), Daniel e Andy (2).
Club Cisne: 29 (15+14): Álvaro, Adrián (2), Gonzalo (2), Alejandro (9), Javier (8), Roque (1), Daniel (1), Javier, Martín (4), Álvaro (2), Mario, Alberto e Pablo.
Colexiado: Aarón Sestay Prieto.
O equipo infantil do Xiria suma unha nova derrota en liga, a primeira como local, nun encontro contra un rival de características similares pero que, nesta ocasión, xogou un mellor balonmán, facendo as cousas sinxelas e sen tantos erros coma tiveron os de Carballo.
O Garaysa comezou moi desatinado dende o asubío inicial. Os primeiros ataques remataron en lanzamentos precipitados dende os extremos moi doados para o porteiro cineísta. Os de Pontevedra non faiaban en ataque e colocaban así a primeira brecha no marcador. Xa con desvantaxes de 4 e 5 goles os do Xiria comezaron a coller efectividade en ataque, non deixando ir a máis a renda acadada polo Cisne.
Ao descanso o Xiria perdía por 5 goles, pero o máis preocupante era a escasa capacidade goleadora que amosaba o equipo, so 10 tantos en 25 minutos era un balance paupérrimo para o potencial ofensivo do Garaysa.
Tralo descanso o Cisne non baixou os brazos e non permitiu poñer en perigo a vantaxe acadada. So nos últimos minutos, co Xiria defendendo en individual a todo o campo, viulle o Cisne as orellas ao lobo vendo como o Garaysa facía un parcial de 7-2 en apenas 4 minutos deixando o marcador no definitivo 26-29.
Para a vindeira xornada o equipo viaxa de novo a Vigo onde se enfrontará ao Seis do Nadal, equipo que ascendeu esta tempada pero que está acadando bos resultados. O encontro será o Domingo ás 11h.
