GARAYSA XIRIA 34 – Bm. Oleiros 27

16/03/2004 15ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Guillin, Norberto (3), Eloy (3), Diego Diaz (2), Joaquin(11), Jesús (7), Manuel(5), Oscar(2), Martín (1).

BM. OLEIROS: Abel, Enrique,Víctor (9), David (8), Carlos (4), Iván, Diego (5), Adrián, Alejandro, Fuentes (1), Alexandre, Arturo.

O Domingo xogouse no Pavillón Bergantiños o encontro entre o Garaysa Xiria e o Bm. Oleiros correspondente á 15ª Xornada da Liga Cadete. Dende o primeiro momento saíu o Garaysa a poñe-las cousas claras, disposto a facer unha defensa contundente e a remata-la faena con rápidos contragolpes. Así comezou o encontro, pero o Bm. Oleiros non tardaría en entrar no encontro, sendo o seu principal baluarte o lateral Víctor cos seus lanzamentos de longa distancia. Aínda que os de Oleiros recortaban distancias nunca incomodaron ó cadro carballés que se manexou de manira cómoda no marcador, incluso o adestrador Fernando Vázquez aproveitou para darlle minutos ós xogadores menos habituais e a poñer sobre a cancha unha primeira liña insólita con Martín e Norberto nos laterais e Óscar no central.

O marcador final resultou demasiado avultado debido ó desacerto defensivo de ámbolos conxuntos ó longo do partido.

O colexiado J. I. Pereira Navaza “Nacho” tivo unha correcta arbitraxe con erros puntuais que non influíron no marcador.

2-2 / 7-4 / 9-6 / 12-8 / 15-11 / 20-12 / 23-16 / 25-19 / 26-21 / 30-22 / 33-24 / 34-27