INFANTIL DIVISIÓN DE HONRA (Copa Federación)
GARAYSA XIRIA: 39 – OAR CORUÑA: 31
Grupo Lemaco Xiria: 39 (22+17) Samuel, Pablo, Andrés (7), Andy (1), Ronaldo (6), Urbieta (3), Sergio – Equipo inicial – Mario, Fran (9), Antón (8), Miguel, Brais (4), Pedro (1).
OAR Coruña 31 (12+19): Jaime, Diego (6), Dani (4), Adrián (4), Cousillas (9), Antón (5), Freire (2)– Equipo inicial – Lojo, Raul, David (1), Alex.
O pasado Domingo, ó Garaysa Xiria recibía no Vila de Noia ao equipo infantil do OAR no que era o terceiro enfrontamento do torneo “Copa Federación”, acumulando outros tantos derbis ao longo da tempada O envite, comezaba con un equipo locatario moi frío, falto de intensidade e con pouco ritmo, reflexo do que foran os adestramentos durante a semana. A defensa amosábase moi indolente; pouco movemento de pernas, axudas inexistentes, escaso contacto… O que permitía que o conxunto do OAR superara aos verdibrancos, sobre todo cando efectuaban desmarques sin balón. Os verdibrancos, moi superiores en plantel e na calidade dos seus compoñentes, mandaban no marcador, pero víanse superados pola ilusión e as gañas dos coruñeses. As grandes diferenzas que houbera nos encontros da liga regular entre os dous conxuntos, desapareceron de golpe, polo menos no que se refire ao xogo, xa que no electrónico, ó Garaysa mandaba 22-12 no tempo de descanso.
Na reanudación, todo foi de mal en peor e os coruñeses impoñían o seu xogo ante a estática defensa local. O conxunto visitante, medraba ante a pasividade dos bergantiñáns e incluso eran capaces de superar a estos na súa especialidade; o contraataque. Foron os peores momentos do equipo de Carballo, xa que a súa mingua, era proporcional ó crecemento do seu rival, tanto, que ao remate dos trinta minutos, a superioridade dos da Coruña, non se amosara tan só no xogo, senón, nun parcial gañador (17-19) que deixaba o marcador final nun 39-31.
A semana que ven, o conxunto de Xiria viaxará a Cangas para enfrontarse ao campión galego, o BM. Luceros.

