GARAYSA XIRIA 45 – CLUBE BALONMÁN TUI 22

Garaysa Xiria: 45 (24+21): Jorge, Buño, Daniel García (6), Gabriel (3), Andrés, Iván Campos (11), Pereira (3), Borja R. (1), Raúl (3), Borja F. (2), Diego (2), Agustín (1), Lolo, Alejandro (1), Iván Calvo (3), José Eiroa (1), Enrique (8).

Clube Balonmán Tui: 22 (11+11): Álvaro, Manuel, David, Adrián (3), Carlos, Fabián (2), Luis, Joel (5), Jacobo (5), Xián (2), Josué (2), Marcelo (3).

Colexiado: Julio López.
Penúltima xornda de liga na División de Honra Infantil pero último partido para o Garaysa Xiria a quen lle toca descansar na derradeira xornada. O Garaysa Xiria despedía a tempada cunha avultada vitoria fronte ao Balonmán Tui, antepenúltimo clasificado que chegaba a Carballo en plena loita co Cisne e Moaña por evitar o descenso. O Garaysa presentábase ao encontro con todos os seus xogadores, tal e como o merecía a ocasión, e todos acabaron tendo minutos nun partido onde, a efectos de clasificación non había nada en xogo para os carballeses, xa que o Garaysa ten a 3ª praza asegurada, pero si resultaba especial por ser a despedida oficial da Tempada 2010/2011 ante a súa afección, moi implicada co seu equipo dende o comezo.
Na primeira metade o Xiria saíu cunha defensa individual a todo o campo, o que esixía un gran esforzo físico e unha concentración constante. Os primeiros ataques do Tui remataron en gol, pero pronto a defensa foise axustando ata comezar a despegar no marcador. Os roubos de balón sucedéronse e as contras resultaron determinantes. Os cambios eran constantes na bancada do Garaysa para poder manter así o ritmo que este tipo de defensa esixe. Tras un gran desgaste físico por parte dos locais o resultado ao descanso era de 24-11, unha vantaxe que deixaba moi decantado o partido, pola diferenza de goles e pola diferenza de potencial entre ambos conxuntos que quedou patente na primeira metade.
Na segunda parte o Xiria volveu a súa 2-1-3 habitual, co que o cansancio era menor pero tamén o era a capacidade de roubar balóns e saír ao contraataque, o que se traduciu en menos goles, 24 na primeira e 21 na segunda. En resumo, gran partido de todos os compoñentes do Garaysa Xiria que asinaron unha tempada espectacular con uns números de auténticos campións:
· 15 partidos seguidos sen perder, dende o 12 de decembro, cando caeu na visita a Bueu.
· Dos 13 partidos xogados como local acadáronse 13 vitorias, a máis axustada de 4 goles.
· 921 goles a favor, o seguinte equipo máis goleador leva 806 goles a falta dun partido.
Noraboa e a seguir traballando para poder acadar máis éxitos o ano que ven.