GARAYSA XIRIA 10 – BM. CASELAS 12

20/02/2005 18ª XORNADA

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 1 ), Fernanda ( 5 ), Uxía, Yanin, Sheila ( 4 ), María ( 1 ) – equipo inicial – Paula, Cristina, Marta, Adriana, Iria, Jessica.

Bm. Caselas: Elena, Sara ( 4 ), Silvia, Sara, Noelia ( 2 ), Bidiana ( 3 ), Phara ( 3 ) – equipo inicial – Ana, Amanda, Leticia, Graciella, Lucía.

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria perdeu ante o Bm. Caselas no Pavillón da Zona Escolar por 10 a 12. No descanso o marcador era de empate a 5 goles.

Partido netamente defensivo por parte dos dous equipos que foron incapaces de facer un so ataque no que non houbese un gran número de golpes francos o que impedía a fluidez no desprazamento do balón. Se a isto se lle engade unha total falla de puntería, as porteiras non tiveron un papel tan importante como poderís suporse do resultado, nos atopamos cun partido descafeinado.

A igualdade foi a tónica durante todo o partido e so nos derradeiros tres minutos a perda de dous balóns por parte das carballesas permitiu un par de contragolpes fáciles por parte do equipo visitante que puxo unha diferencia no electrónico que foi definitiva.

A vindeira xornada o Garaysa Xiria desprázase a Chapela para disputar unha nova xornada da liga galega xuvenil feminina.

O colexiado Sr. Pereira Navaza desconcertou os dous equipos coas suas decisións.