Crónica do Goldie Xiria 27 – BM Teucro 28
Manuel Rey / 20 Xaneiro 2014
GOLDIE XIRIA 27 – SD TEUCRO 28 (15-15)
GOLDIE XIRIA 27 (15): Sara (Brenda) (p), María 1, Marta 8, Juana 7, Adriana 2, Cris 3, Jessica 5 (equipo inicial) Raquel 1, Tamara , Lucía, Patricia, Sandra e Natalia.
SD TEUCRO 28 (15): Laura (Marta) (p),Ana 9, Paula 2, Sara 2, Andrea 3, patricia 5 e Anais 3 (equipo inicial) Angela, Rebeca 1, Gema 1, Alexandra 2, Alba e Verónica.
Arbitraron: Pablo Gonzáles e Gabriel Folgoso, excluiron a Juana, María, Marta e raquel polo Xiria e a Patricia e Anais polo Teucro.
Marcador cada 5 minutos: /2-1/ /5-3/ /9-6/ /11-10/ /14-15/ /14-15/ /17-18/ /19-21/ /21-24/ /24-24/ /24-27/ /27-28/
14ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
sábado, 18 Xaneiro 2013 , Pavillón Vila de Noia, 150 persoas.
Derrota por un gol do Goldie Xiria diante do Teucro nun partido vibrante e con emoción ata o derradeiro segundo. Saiu con bo ritmo de ataque o Goldie anotando con facilidade, pero a velocidade das accións das pontevedresas facían que o partido se igualase, posto que o Xiria víase sorprendido unha e outra vez ante as acometidas do seu rival que non daban respiro sacando rápido de centro logo de recibir gol. Chegábase ao final desa primeira metade coa igualdade a 15 no marcador.
Na segunda metade o Xiria ia a ser castigado inxustamente por uns colexiados que sinalaron ata 10 sete metros en contra por tan so dous a favor, desa maneira o Teucro era capaz de dominar no marcador, pero as gañas do Goldie volvian a empatar o encontro a falta de 10 minutos a 24 goles, e logo ata o empate a 27 a falta de 30 segundos, onde marcaba o Teucro e facíase coa victoria.
Bo sabor de boca, nun partido no que tubo moitas opcións, pero unha nova derrota para o Goldie Xiria.
A próxima semana o Goldie Xiria visitará a cancha do líder, o BM Porriño
