As nosas xuvenís reencontranse coa vitoria nun encontro no que foron superiores en todas as facetas do xogo.
A eficacia do Xiria no ataque posicional e a intensidade defensiva dos primeiros minutos permitiron pronto acadar unha cómoda renda no marcador que non daría opción as Choqueiras de Redondela.
Con 9 goles de vantaxe ó descanso (21-12), na reanudación os visitantes melloraron en defensa apoiadas pola boa actuación da súa porteira. O Xiria mantívose moi serio e cun gran final de partido conseguiu rematar o encontro 37-25.
Os nosas manteñen a sexta praza e afástanse do equipo redondelán, principal perseguidor. Este fin de semana as nosas teñen un duro encontro en Porriño no que buscarán acadar outros dous puntos.