Comezaban o partido as do Punta del Este Xiria con moitos nervios e imprecisións, pois estaban a xogar coas rivais directas polo terceiro posto da clasificación.
As perdas de balón na primeira parte facían que chegaran ao descanso 5 abaixo no marcador. Pero na segunda metade, moito máis animadas e coa garra que as caracteriza, conseguiron achegarse varias veces no electrónico e, aínda que nunca foron capaces de poñerse por arriba, deron un paso adiante e loitaron ata o final para conseguir o 24-22 no minuto 60.
Con este resultado as rapazas consiguen seguir terceiras na Liga Prata grazas ao golaverage co partido xogado anteriormente na casa.