Gran vitoria do Garaysa que lle da dereito a xogar a eliminatoria pola Final 4

Gran partido dende o inicio dos de Carballo que non deron opción a ningún tipo de sorpresa e conseguen rematar a liga en 6º lugar.

Garaysa Xiria 39 – Atlético Novás 30

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Hugo Rama, Saúl Fuentefría, Dani Pan.

Incidencias:  Partido correspondente á 18ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo)

Arrancaba o partido no Ceip Fogar cun Garaysa moi cómodo en ataque e con moita mobilidade de balón, o que lle permitía coller unha pequena vantaxe de 4 goles nos primeiros minutos. 

O partido avanzaba e os de Carballo, que subían a intensidade en defensa, conseguían chegar ao descanso con 6 goles de vantaxe.

A segunda metade foi un calco da primeira, e aínda coa vantaxe no marcador, os carballases non baixaron o nivel en ningún momento, conseguindo así unha vitoria que lles serve para poder xogar a eliminatoria pola Final 4.

A próxima fin de semana o Garsaya viaxará a Lugo para xogar esa eliminatoria por unha praza na Final 4 que se xogará en Maio.