Gran vitoria do Garaysa Xiria ante o Embutidos Lalinense

O Garaysa Xiria consegue a vitoria ante o líder da categoría logo dunha gran primeira metade, e colócase 3° na táboa.

Garaysa Xiria 29 – Embutidos Lalinense 26

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Álvaro Gómez, Nico Cancela, Marcos Varela, Nico Mejuto, Andrés Pombo, Saúl Fuentefría, Lucas Fajardo, Hugo Rivas, Unai Cotelo, Ruben Nogareda, Xabi Fernández, Xano Rama, Izan Cabeza, Andrés Pedreira.

Incidencias: Partido correspondente á 6° xornada da Liga Ouro infantil masculina desputado no Pavillón do Ceip Fogar.

O Garaysa Xiria comezaba o partido intenso coa súa habitual defensa 6:0. Nos primeiros minutos, os de Carballo comezaban con moitas dúbidas e algunhas perdas de balón, aínda que o souberon corrixir rápido. A partires do minuto 10 de partido, o Garaysa Xiria cambiou a dinámica de xogo, e conseguía, a base de defender e correr, chegar ao descanso cunha vantaxe de 10 goles, 19-9.

A segunda metade comezaba igual que acabou a primeira, cun Garaysa moi cómodo, defendendo e correndo. A partires de ahí entraron as dúbidas, e os de Lalín, con varios parciales favorables conseguían achegarse a 4 goles no marcador, aínda que non foron suficientes e o Garaysa conseguía esta importantísima vitoria.

O Garaysa Xiria rematará o ano fronte o Carballal o vindeiro sábado.