Gran vitoria do Garaysa Xiria ante o segundo clasificado.

O sábado 8 no Vila de Noia, desputouse o encontro entre o primeiro e o segundo clasificado na liga ouro infantil masculina do grupo A.

Os locais, xa co primeiro posto asegurado, sairon a pista con moitas ganas de competir e levarse a vitoria ante un poderoso cisne, que na ida, só nos permitiron levar un punto no encontro, cun empate nun partido moi igualado. Desta volta, os nosos impuxeron un gran nivel defensivo, que nos permitía correr contraataques, e ir collendo diferencia no marcador. No ecuador desta primeira metade, os locais xa comezaban co traballo das rotacións, e conseguian seguir mantendo o gran nivel defensivo co que comezaron. Chegamos ao final da primeira metade cun 17-11.

Xa na segunda metade, o equipo seguía a amosar un bo nivel defensivo e en ataque, pese a que en momentos, a precipitación e o nerviosismo fixo que no marcador os goles de ambos equipos se foran igualando, pero unha vez máis a intensidade e o caracter deste equipo, axudoulles a sumar outra nova vitoria cun 33-25.

Ahora esperan duas semanas de entrenos sen competición, ata o derradeiro fin de semana maio, no que xogarán a Fase Final do campionato.