Gran vitoria do Garaysa Xiria

Gran vitoria do Garaysa Xiria

Primeiro partido  da fase zonal do Campionato de España, no que se enfrontaban o Bm Pereda e o Garaysa Xiria.
Ao comezo do encontro os dous equipos empezaban moi precipitados e non atopaban o seu xogo habitual, polo que as defensas empezaban impóndose aos ataques. A igualdade era a tónica e as pequenas vantaxes no marcador viñan cando algún dos equipos xogaba en superioridade. Así, ao termo dos primeiros 25 minutos iámonos 13-10 favorable aos cántabros.

Na continuación, o Garaysa Xiria impuña un ritmo moi alto, remontaba e mesmo se distanciaba no marcador cun parcial de 3-9, ao que o Bm Pereda non soubo reaccionar. A falta de 5 minutos, cos dous equipos moi cansos, e cunha diferenza de 5 goles a favor dos carballeses, gozábase dunha vitoria ben traballada por todo o equipo.

O sábado ás 18:30 o Garaysa Xiria enfrontarase ao Bm Oviedo Cronistar.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Vallobín con 250 seareiros. Colexiados: Luís Pardo Segovia e José Manuel Tinoco Alcalá do colexio navarro. Castigou con exclusión a Juan Veiga, Raúl Do Barrio, Johan Guerreiro e Yacob Quirce, por parte cantabra, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Adrián Mesejo, Iago Rincón, Franco Rial, Mario Rincón e Fernando Mallo / 7 metros: Bm Pereda 11/ 14 // Garaysa Xiria 4/4.
Marcador cada 5 minutos: 1-2, 3-5, 6-6, 8-9, 13-10, descanso, 13-13, 16-19, 19-23, 21-26, 24-29.

BM PEREDA 24 ( 13 + 11 ): Antonio Gutiérrez, Fernando Rado, Francisco Sáez (1), Juan Vega (1), Iván Carrera, A. Del Río, Raúl Del Barrio (3), Mikel Aramburu (5), Johan Guerrero (2), Yacob Quirel (7), Pablo Álvarez (4), Sergio Cabrillo (1), Darío Uriel, Paul Nicolae

GARAYSA XIRIA 29 ( 10 + 19 ): Diego Lema [p], Julio Ferreiro [p], Mario Rincón (6), Daniel Mallo, Mario Cancela (3), Juan Pereira (1), Xurxo Díaz, Alejandro Gómez (11), Franco Rial (1), Diego Antelo, Iago Rincón (3), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (2), Fernando Mallo (1)

IMG_5994 IMG_5991 IMG_5990 IMG_5993 IMG_5992 IMG_5988 IMG_5987 IMG_5986 IMG_5985 IMG_5984 IMG_5983 IMG_5982 IMG_5981 IMG_5980 IMG_5979 IMG_5978