GRAN VITORIA DO MONTAXES CARBALLO FRONTE AO BM RECONQUISTA

Os de Carballo viaxaban o pasado domingo a Vigo a enfrontarse ao BM Reconquista, coñecedores da importancia dos puntos que estaban en xogo.

IBERCONSA BM RECONQUISTA 31- MONTAXES CARBALLO XIRIA 37

Os de carballo saían ao partido con unha actitude arroiadora, esto facía que conseguise marcharse no marcador de maneira rápida. Boa velocidade de pernas na defensa e con ataques que buscaban espazos con convinción e conseguían transportar a pelota con criterio. Sen embargo, ao final da primeira metade o ataque vigués facía moito dano na zona centro da defensa carballesa. Ao descanso marchamos con dous goles de ventaxa para os de carballo.

Na segunda metade o partido seguía unha dinámica similar, o equipo conseguiu ser regular e isto fixo que os de Vigo non conseguiran acercarse de xeito peligroso no marcador, deste xeito os carballeses conseguiron dous puntos moi importantes que poñen terra de por medio co Reconquista.