Empezou o partido moito máis centrado o conxunto coruñés, que sen ter que traballar demasiado no seu ataque conseguía unha e outra vez favorables posicións de lanzamento, mentres que o ataque carballés regalaba un feixe de balóns que se caían das mans ou se perdían en accións sen transcendencia nin dificultade. Así seguiu o partido até o minutos vinte cinco no que repentinamente púxose a traballar o cadro local, acadando un parcial de 5 a 1, que permitía que o Xiria marchase diante no electrónico, 14-13, despois dos primeiros trinta minutos con menor intensidade no que vai de liga.
O paso polo vestiario non modificou demasiado o visto na primeira metade, se ben os verdibrancos foron diante no marcador, e semellaba que podían encarrilar o encontro. Mais o troco de porteiro no OAR votou por terra esta expectativa, xa que foi quen de deter oito balóns de seis metros nos derradeiros quince minutos, namentres os carballeses so foron quen de marcar cinco goles nese período. Os erros no lanzamento están a ser unha verdadeira lousa este ano paro o Calvo Xiria, que necesita de fabricar demasiadas opcións claras para acadar goles, e de novo pagou cun punto este feito na tarde do sábado.
Pero coma en todo derbi houbo tamén tempo para a polémica. A falla de sete segundos recolleu un rexeitamento Brais que o deixou solo na liña de seis metros nunha clara ocasión de gol, e nese intre o adestrador visitante solicitou tempo morto de xeito ilegal, cometendo a mesa o grave erro de concedelo. Pero máis grave foi o erro dos colexiados –que até ese momento fixeran unha boa arbitraxe- xa que non cometeron un erro de apreciación senón de coñecemento do regulamento que deben aplicar, xa que pararon o partido e logo de informarse da situación non concederon o tempo morto, mais de maneira inexplicable sinalaron un golpe franco a prol do Xiria, cando o regulamento ordena que ese tipos de accións sexan castigadas con sete metros. Un regalo para o equipo visitante que se levou un dos puntos en xogo e que deixa moi tocado ao Calvo Xiria na loita por achegarse a un dos dous primeiros postos.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 350 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 3-5, 5-7, 6-8, 8-10, 9-12, 14-13 descanso, 17-15, 19-17, 22-20, 22-22, 25-24, 27-27. Colexiados: María Ángeles Madrazo Viadeiro e Alberto Ramos Mordones do colexio cántabro. Excluíron por parte local a: Brias (20´) e Alberto (21´, 34´e 54´), mentres que polos visitantes: Miguel (16´e 59´), Hugo (18´), Gabriel (47´) e Diego (55´).
CALVO XIRIA 27 (14 + 13): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (6), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (4), Sergio Facal (6), Gonzalo Pombo, Mario García de Seárez (2), Iván Campos, Julián López.
OAR CORUÑA 27 (13+14): Ignacio Santos [p], Roberto Casero [p], Gabriel De Melo (2), Miguel Lozano (5), Víctor Couceiro (3), Daniel Angeriz (2), Hugo Rodríguez (9), Manuel López, Fabián Canosa, Ignacio Suárez Diego Martínez, Daniel Picado, Yoel García (6).


