O desigualado partido ante Lavadores B deu o golpe final a unha primeira volta sen tacha para o grupo cadete, logrando 14 vitorias nos 14 partidos da primeira fase de liga.
Agora o Grupo Lemaco A ten unha xornada de descanso previa á Semana Santa que deberá empregar en preparar os dous encontros da segunda volta. Dúas xornadas onde se enfronta a partido único cos campións dos Grupos A e C (Moaña e Porriño) que deciden o campión da Liga Prata e otorgan o pase a eliminatoria da Final 4.
Dúas semanas para preparar dúas finais. O desafío xa comezou.